Servicios sociales

El PP critica la reducción de un 45% en la ayuda para los taxis adaptados

By 30 agosto, 2017No Comments

La concejala Mari Teijeiro explicó que “es una incongruencia” que en Lugo se duplique el número de taxis adaptados mientras que, por otra parte, el goberno local rebaja la partida de los presupuestos para los vecinos que utilizan este servicio. La edil matizó que se pasaron de los 9.000 € de presupuesto para esta ayuda a la movilidad a los 5.000 € para este año.

Nese senso, a popular anunciou que o seu Grupo pedirá explicacións en comisión dos motivos deste recurte xa que se os orzamentos para este exercicio foron subrogados non ten sentido que se merme a partida.

A popular achaca esta manobra “á falta de planificación que hai en Servizos Sociais e á política de traballar sobre a marcha que caracteriza ao goberno socialista”. Teijeiro lembrou outro despropósito similar como foi a última convocatoria de axudas para material escolar “aumentaron as axudas para as familias pero non incrementaron a partida orzamentaria”. “Todo apunta a que a subvención non chegará a todos os lucenses que as precisen porque os cartos que se destinan para este fin non van chegar”, reflexionou a concelleira do PP. Dende o Grupo Popular, á vista desta situación, reclamou que se leve a cabo, se é preciso, unha modificación orzamentaria para que ningunha familia, que cumpra cos requisitos da convocatoria, quede sen a axuda para material escolar

A popular considera paradóxico o anuncio que os socialistas fixeron no mes de maio no que  “sacaban peito de que Lugo era o primeiro municipio galego que duplicaba a ratio de taxis adaptados que marca a lei autonómica de accesibilidade e supresión de barreiras cando, por outra banda, tres meses despois reducen a partida destinada para axudar aos usuarios deste servizo”.

A popular agarda que os socialistas non se disculpen desta rebaixa asegurando que a fan porque non hai quen pida estas subvecións “este é un dos seus manidos argumentos cando teñen que xustificar redución de presupostos tanto para estas axudas específicas de taxis adaptados como para as axudas de emerxencia social”. Neste último caso quero lembrar que non se gasta o orzamentado pero os lucenses que solicitan esta axuda seguen a recibir como contestación un “xa se esgotou a achega mensual da que dispoñen os traballadores sociais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies