El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide confirmó que el secretario municipal aseguró que no se pueden pagar las horas que el gobierno socialista encargó la mayores del máximo estipulado en el Reglamento Interno de Personal, a pesar de que el gobierno de Lara Méndez ordenó y “hasta decretó” la realización de trabajos fuera del horario habitual de los trabajadores municipales, la sabendas de que probablemente no los podían pagar
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, cualificou de “irresponsables” a Lara Méndez e ao seu equipo de goberno ao constatar que os traballadores municipais non cobrarán todas as horas extraordinarias encargadas polo goberno socialistas e realizadas durante os anos 2017 e 2018.
Antonio Ameijide explica que, segundo confirmou o secretario municipal, os traballadores do Concello de Lugo non poderán cobrar todas as horas extraordinarias realizadas se exceden os límites establecidos, pese a que o goberno local “ordenou e ata chegou a decretar” que se realizaran as mesmas, unha situación derivada do constante desmantelamento dos servizos municipais realizados durante os 19 anos de gobernos socialistas no Concello de Lugo, tentando “paliar” esta situación tentando impoñer “unha barra libre” de horas extraordinarias que, como quedou patente no pleno de hoxe, “non teñen intención de pagar”.
O voceiro popular acusou tamén aos socialistas de “mentir” xa que “sempre foron coñecedores” desta situación polo que “obrigaron” a numerosos traballadores municipais a realizar horas fóra do seu horario laboral peses a saber que “non as pagarían xamais”. Pese a esta situación, o popular confirmou que “seguiremos loitando” porque os traballadores que realizaron o traballo cobren “todas e cada unha das horas que realizaron”.
ORDENANZA ESPAZOS PÚBLICOS
Antonio Ameijide tamén lamentou como Lara Méndez dá as costas aos lucenses cansos de ter que someterse “á extorsión” dos gorrillas que cada día “cobran un imposto revolucionario” aos lucenses que estacionan o seu vehículo na vía pública nas inmediacións do Hula.
O popular explica que a rexedora presentou un modelo de ordenanza aos grupos que forman o pleno e que, despois de recibir numerosas alegacións do Partido Popular por ser un documento “moi represor”, optou por “retiralo” ao someterse ás amezas efectuadas polo voceiro do BNG.
Neste senso, Ameijide lamenta que a rexedora “nin considerase” a posibilidade de estudar a redacción dun novo documento de convivencia, que era precisamente a proposta do Grupo Popular, ao antepoñer “o sillón e a nómina” á palabra dada aos lucenses no Observatorio pola Seguridade Cidadá, onde están recollidos representantes dos cidadáns, empresarios, autónomos, comerciantes, hostaleiros… Un documento no que o Grupo Popular quería recoller condutas como condutas antihixiénicas, vandalismo, explotación sexual na rúa, pintadas (non os grafitis artísticos autorizados), apostas ilegais na rúa, certos tipos de publicidade, venta ilegal na rúa e comercialización de falsificacións, timos e extorsións na vía pública e gorrilas.
Idéntica postura tivo a rexedora na proposta do Grupo Popular referente á instalación de cámaras de vixilancia no patrimonio histórico da cidade e nos polígonos industriais da cidade para garantir a seguridade destas zonas, a tenor dos actos vandálicos sufridos polo patrimonio e os roubos que teñen lugar nestas zonas industrias, a pesar de que Lara Méndez se comprometeu cos empresarios do Polígono de O Ceao a reactivar as cámaras de vixilancia e que hai uns meses anunciou que estudaba a posibilidade de instalar cámaras no recinto histórico da cidade. “Parece que o sentido do voto tamén o marcou o alcalde in pectore da cidade, o señor Arroxo”, sentenciou o popular.
FALTA DE RESPETO DE CARLOS PORTOMEÑE
Desde o Grupo Popular se lamentan as declaracións realizadas polo voceiro de Ace-EU, Carlos Portomeñe, no pleno de hoxe. Durante o debate da iniciativa presentada polo Grupo Popular, no seu uso da palabra, Carlos Portomeñe referiuse á figura de Manuel Fraga, do que dixo textualmente “en paz non descanse”.
Para os populares esta é unha afirmación “totalmente fóra de lugar” pola que tería que rectificar e pedir desculpas.