El Grupo Municipal del Partido Popular pone de manifiesto el estado de “total abandono” al que el equipo de gobierno tiene sometido al barrio de Galegos, ya que Lara Méndez lleva años sin atender las demandas de los vecinos
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo puxo de manifesto, unha vez máis, o total abandono ao que o goberno socialista de Lugo somete aos veciños de Galegos, xa que Lara Méndez non atende ningunha das súas obrigas no barrio, unha situación que os concelleiros do Grupo Popular comprobaron despois de realizar unha visita á zona, visita na que estiveron acompañados por veciños do barrio.
Dende o Grupo Popular denunciase que o local social segue a inundarse cada vez que chove debido a que os socialistas deixaron o solar do lado “abandonado á súa sorte” polo que pedimos ao equipo de goberno unha actuación “inmediata e eficaz” para evitar inconvintes aos veciños.
Outra das demandas dos veciños que Lara Méndez segue a ignorar é o desbroce, limpeza de cunetas e bacheado das pistas. O estado das vías de comunicación que a diario empregan os veciños de Galegos presentan un estado “amplamente mellorable” xa que hai moitos meses que non se realiza nin desbroce nin limpeza de cunetas. Ademais o bacheado das pistas é “imprescindible” para evitar danos aos vehículos e facer máis segura a circulación.
Instalacións deportivas
O Grupo Popular tamén denuncia a “lamentable” imaxe das pistas deportivas do barrio de Galegos. O acceso ás mesmas é practicamente imposible xa que a vexetación bloqueou a porta de acceso, ademais de cubrir todo o valado perimetral que rodea as pistas. Unha vexetación que tamén comezou a invadir parte da pista, na que tamén habería que trocar os elementos deportivos habería que renovalos xa que as porterías non teñen redes e as canastras están rotas e oxidadas. Por iso, os populares piden ao equipo de goberno que limpe de vexetación esta zona e renove os elementos deportivos para que os veciños poidan facer uso desta dotación.