AccesibilidadEconomía

El PP denuncia que las plazas para discapacitados del parking del Concello no son accesibles

By 6 agosto, 2018No Comments

El PP denuncia otra de los despropósitos de  Lara Méndez que deja en evidencia las continuas meteduras de pata del gobierno socialista de Lugo.

A edil do PP Mari Teijeiro denuncia que as prazas para persoas con mobilidade reducida que se veñen de reservar no parking do seminario incumpren a normativa e non son accesibles.

A edil do PP comprobou que as medidas desta zona de aparcamento son inferiores á que marca a normativa xa que nin teñen 5 metros de lonxitude nin tampouco os 3,50 de ancho recomendados”.

A popular puxo de manifesto que o despropósito chega ata tal punto que nin tan sequera se adapta a medida da zona de aproximación e transferencia lateral compartida entre as dúas prazas “debería haber un espazo de 90 centímetros mentres que tan só hai 70 centímetros”. Teijeiro matizou que “o máis grave é que hai unha columna no medio ainda que supón unha barreira insalvable para os usuarios de estas prazas”.

A popular Mari Teijeiro solicita á alcaldesa que enmende este erro e que habilite estas dúas prazas para discapacitados noutra zona do parking propoñendo que “os concelleiros do PSOE cedan dúas das súas prazas para habilitar a zona de aparcamento para persoas con mobilidade reducida xa que son as únicas, do parking do seminario, que teñen pasillo traseiro  o que permitiría que os usuarios se desprazen sen ningún tipo de barreiras”.

Teijeiro indicou que “é unha mágoa que os socialistas intenten quedar ben e non apliquen o sentido común” asegurando que  “a simple vista se observa que é un sin sentido habilitar estas prazas nesa ubicación cunha columna en medio que impide o paso a unha persoa con andador ou en cadeira de rodas”.

“É un mal costume deste goberno realizar actuacións que se quedan en meros xestos de cara á galería que non aportan solucións reais a este colectivo” concluíu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies