La concejala popular Mari Teijeiro considera una incongruencia que para una plaza de ayudante de cocina, reservada para personas con discapacidad intelectual, para la que únicamente se requiere el certificado de escolaridad, se ponga como condición tener el nivel de gallego que se obtiene al acabar el Bachillerato
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, denuncia que o Concello de Lugo pon barreiras surrealistas na convocatoria dunha praza específica para persoas con discapacidade intelectual.
Mari Teijeiro afirma que é a primeira convocatoria especifica para persoas con discapacidade intelectual que elabora o Concello de Lugo cunha limitación “contraditoria” que afecta á igualdade de oportunidades no acceso a unha praza pública e que carece “de toda lóxica”.
A concelleira popular explica que esta situación se detectou cando no apartado do idioma das bases da convocatoria fai referencia ao cumprimento das bases xerais de convocatorias públicas da Administración Local de Lugo na que se sinala como esixencia o coñecemento da lingua galega nun nivel equivalente ao Celga IV, é dicir, o que se obtén ao rematar os estudos de Bacharelato. “Unha esixencia que carece de toda lóxica cando a propia convocatoria non esixe estudos mínimos para presentarse ás probas de acceso”, afirma a popular.
A praza afectada é unha praza de axudante de cociña na que os estudos solicitados é o certificado de estudos primarios. A maioría das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Lugo teñen como máximo un nivel de estudios equivalente a secundaria, nivel no que se obtén o Celga III, e moitos deles non remataron eses estudos. Por iso, Mari Teijeiro denuncia que esixir un nivel tan alto de coñecemento de galego supón que moitas persoas con discapacidade intelectual non poidan presentarse a esta convocatoria ao carecer do Celga IV.
A popular compara esta situación cunha trampa ou cun caramelo amargo. Teijeiro di que por unha parte, o Concello, en aras a garantir a inclusión o acceso ao emprego de persoas con discapacidade, saca a concurso público unha praza específica para persoas con discapacidade intelectual pero, doutra banda, esixe un nivel de galego que a gran maioría de candidatos non ten ou non pode cumprir.
Mari Teijeiro denuncia que estamos ante “unha administración inconsciente” ou que é unha administración que deliberadamente puxo esta esixencia “pensando nuns poucos” que si cumprirían o requisito pese a que poida quedar deserta. A popular asegura que é unha das probabilidades posto que algunhas familias xa desistiron de presentar a solicitude para esta praza e varios aspirantes desistiron de preparar as probas. Ademais, é case seguro que moitas das persoas que xa presentaran a instancia se atoparán como “non admitidas” na lista provisional xa que carecen do Celga IV. “Isto supón unha frustración moi grande para estas persoas que vía nesta convocatoria a oportunidade ideal para acceder ao mercado laboral”, explicou Teijeiro.
Por iso, a popular non ve “normal” que a administración local eleve o nivel de esixencia por enrriba do de outras administracións, polo que pide aos socialistas que miren cara a Xunta de Galicia na convocatoria de prazas públicas pide nestas prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual o Celga II.
Finalmente, a popular destaca que estamos a falar da oferta pública correspondente ao ano 2015 e, dado que nos estamos no mes de abril e o prazo para executar a oferta é de 3 anos, “o goberno socialista se está a quedar sen tempo para levar a cabo a oferta”.