#LugoaExameMedio Ambiente

El PP denuncia el estado de “provisionalidad” en el que se encuentra el Parque dos Paxariños desde hace 15 años

By 4 abril, 2018No Comments

La viceportavoz del Grupo Municipal del PP Ana López Pombo lamenta que el proyecto socialista para el Parque dos Paxariños se estrellara estrepitosamente al “estar sumido en un total abandono” ya que desde que Lara Méndez es alcaldesa no se realiza “ni un mantenimiento mínimo”

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, denunciou o “estado de provisionalidade” no que se atopa o Parque dos Paxariños, a zona verde de Fontiñas, dende hai 15 anos. Ana López Pombo lamentou o xeito no que “un dos proxectos estrela” dos socialistas para a cidade quedara “completamente abandonado”.

A vicevoceira popular realizou un chequeo das zonas verdes da cidade, dentro da campaña #LugoaExame, e comprobou “a imaxe lamentable” que se atopan todos os lucenses cando se achegan ata este parque. Segundo López Pombo “non é doado” camiñar por esta zona verde xa que hai varias árbores caídas no medio do camiño”. Neste senso, a popular solicitará que se revise o estado das árbores da contorna para evitar novas caídas. Pero ademais, hai unha carencia total de papeleiras, non hai puntos de luz, hai pintadas nas árbores e, incluso, unha zona de xogo para nenos “totalmente desmantelada”. “En resumo, o parque dos Paxariños está sumido nun total abandono”, afirmou a popular.

Pero no Parque dos Paxariños os socialistas cometeron máis “desacertos”. O proxecto de hortos urbanos para o bancal deste parque naceu “fracasado” xa que dende o goberno local non se decataron de que na actualidade estas iniciativas “xa non teñen tanta demanda como hai varios anos”. Unha vez pechado o prazo de peticións para acceder a un dos hortos habilitados nesta zona, unicamente doce persoas amosaron interese en facerse co nalgunha das 30 parcelas habilitadas, quedando valeiras máis da metade. Por iso, Ana López Pombo preguntará aos socialistas se teñen preparado un plan B e, en caso de telo, en que consiste, xa que sacar de novo a licitación as parecelas non parece o máis adecuado visto o pouco interese que xeraron na cidadanía.

A falta de mantemento é outra das eivas importantes nas zonas verdes da cidade. A popular asegura que hai máis dun ano que caducou o contrato de mantemento das zonas verdes (17 de marzo de 2017) e, polo de agora, segue sen adxudicarse, sendo un dos principais contratos que ten este Concello, xa que supera os 800.000€ anuais.

Un dos exemplos máis descritivos da falta de mantemento é a imaxe que ofrece o Paseo do Miño, unha zona na que a despreocupación dos socialistas provoca que os usuarios “non teñan por onde pasar nalgúns tramos”. A popular asegura que “somos conscientes de que en épocas de chuvia haxa socavóns con charcos de auga, xa que o clima non axuda, pero precisamente por iso é preciso un mantemento máis intenso e non o estado de abandono no que se atopa”. Outro exemplo son as escaleiras que unen a zona de xogos infantil de Magoi co Parque Marcos Cela, “unhas escaleiras totalmente cubertas por vexetación e que son moi esvaradías os días de chuvia, converténdoas nun verdadeiro perigo”.

Ana López Pombo tamén denunciou que os lucenses terán que agardar, como mínimo, outro ano máis para ter praia fluvial ao presentar un proxecto incompleto sobre a súa creación. A popular asegura que, tal e como xa informamos dende o Grupo Popular, “hai un informe da Xunta que advirte ao Concello de Lugo que, na documentación entregada, faltan cuestións tan elementais como un estudo de profundidade do río que xustifique o correcto emprazamento das piscinas o que frea a tramitación da zona de baño pública”. Unha situación á que hai que engadir a demora na compra dos terreos para acadar a unión dos paseos do Miño e do Rato.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies