Infraestructuras

El PP denuncia que no se arregla una fuga de agua en As Gándaras por falta de personal y medios técnicos

By 4 diciembre, 2017No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Ángel Trabada explica que los vecinos de As Gándaras llevan casi 4 meses pidiendo que se arregle una fuga de agua en la red de abastecimiento, pero el Concello no puede solucionar esta situación por la “falta de personal y de medios técnicos” que hay en el servicio de aguas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, denuncia a situación que se vive no barrio das Gándaras, no cruce entre a Calzada das Gándaras e a rúa do Pombo, onde non se arranxa unha fuga de auga na rede de abastecemento por falta de “medios técnicos e de persoal municipais”. Trabada explica que os veciños deste barrio levan “entre 3 e 4 meses” agardando a que o Concello dea unha solución a este problema que xa creou un bache de grandes dimensións na calzada. Ademais, o popular informou que “á altura da porta de San Pedro hai outra fuga de auga desde hai 2 meses á que, polo momento, o goberno local non deu solución”.

O concelleiro popular explica que desde o Concello non poden facer fronte a este problema xa que “o persoal do servizo de augas é tan escaso que xa non poden cubrir as gardas”. A isto hai que engadir a grave falta de medios técnicos que padece persoal deste servizo, xa que “cos medios que teñen neste momento non poden facer fronte ao arranxo de fugas”.

As deficiencias neste servizo aumentaron co paso dos anos de goberno socialista. Unha situación que se ve reflectida na merma do número de efectivos e tamén de medios técnicos. “Na brigada de augas tiñan maquinaria para arranxar fugas, pero agora non teñen case nada. Levan meses agardando a que arranxen unha máquina que, semella, finalmente non se arranxará, polo que teñen que agardar a que outros servizos lles cedan os seus medios para atender as súas tarefas”, afirmou Trabada.

Ademais, Ángel Trabada pide ao goberno local “sensibilidade” para arranxar calquer tipo de fuga de auga no menor tempo posible, tendo en conta “a difícil situación de seca” pola que atravesamos, polo que “non é de recibo” que neste punto se perderan miles de litros de auga nos últimos meses.

A demora do goberno local no arranxo deste bache e outras dificiencias que hai na cidade pode repercutir negativamente nas arcas municipais, xa que se poden producir desperfectos en vehículos polo mal estado da estrada. Unha situación que xa se denunciou en numerosas ocasións por parte do Grupo Municipal do Partido Popular, e que no que vai de ano xa supuxo un custe para as arcas municipais de máis de 35.000€.

Ademais, Ángel Trabada recorda que nas propostas para os orzamentos do ano 2018 que se realizaron desde o Grupo Popular está que o goberno local adique unha partida orzamentaria para substituír a rede de tubaxe de fibrocemento que hai na cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies