El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide asegura que los socialistas no quieren renovar el sistema de transporte público de Lugo ya que desde el año 2011 los autobuses urbanos perdieron 220.963 viajeros al año (614 usuarios menos cada día), lo que demuestra que “no es un servicio atractivo para los lucenses”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou a sangría para as arcas municipais na que os socialistas converteron ao transporte urbano nos últimos sete anos.
O popular explicou que dende o ano 2011 o transporte público de Lugo perdeu 220.963 viaxeiros, o que supón unha perda de “614 persoas cada día”. Para o voceiro popular os datos reflicten “a nula preocupación” dos gobernos socialistas de Lugo polo transporte público, un servizo que “tería que ser de primeira” pero que “non é atractivo para os lucenses, e ahí están os datos para demostralo”.
Para Antonio Ameijide a alcaldesa de Lugo, lonxe de corrixir a situación, “perpetúa esta dinámica negativa” que provoca que os autobuses fagan os percorridos sen viaxeiros durante a maior parte do día. Dende que Lara Méndez é alcaldesa o descenso no número de usuarios segue a baixar “e semella non ter freos”.
No primeiro trimestre do ano os autobuses de Lugo perderon preto de 80 viaxeiros cada día (79 cada día). Durante os primeiros tres meses do ano 2017, os autobuses de Lugo tiveron 534.107 usuarios, mentres que no primeiro trimestre deste ano o número de viaxeiros foi de 527.016, o que amosa que os autobuses perderon 2.364 ao mes.
Ademais, o custe que este servizo supón para os lucenses “é demasiado elevado” xa que “non é lóxico pagar máis de 3M€ cada ano por un servizo que cada vez se emprega menos”. Antonio Ameijide denuncia que o bus urbano lle custa 3.1M€ ao ano aos lucenses, mentres que a recadación mensual non chega aos 80.000€ (78.630€ de media ao mes), o que supón un descenso de superior aos 14.000€ por mes se comparamos os datos co ano 2011, “o que acredita a urxencia de reestruturar de xeito integral o transporte urbano”.
Cifras que veñen a apoiar as denunciadas efectuadas dende o Grupo Popular durante os últimos meses e que poñer de manifesto “a nula preocupación” de Lara Méndez e o seu equipo porque Lugo teña “un transporte público de calidade e útil para os cidadáns”.
Antonio Ameijide recorda que os socialistas readxudicaron o contrato transporte público todos os lucenses “seguimos agardando” pola renovación do transporte público en Lugo. Xa van máis de 2 anos dende a adxudicación e aínda non “avanzaron nada” na remodelación das liñas de transporte urbano da cidade. O único anuncio que fixo Lara Méndez foi a intención de “cambiar o color dos buses ao vermello”. A adxudicación do contrato realizouse o 10 de febreiro de 2016, por un período de 10 anos cunha prórroga de outros 5 anos.
E todo a pesar de contar cunha empresa con experiencia internacional no sector e cunha flota de primeiro nivel, pero a incapacidade do goberno local impide modernizar o servizo, unha petición do Grupo Popular dende o ano 2015.
Por iso, Antonio Ameijide pide a Lara Méndez que escoite á oposición, xa que o modelo de transporte urbano ten “demasiadas eivas” e se dende o equipo de goberno non son capaces de sacar un modelo atractivo, que pidan axuda á oposición porque “o único que queremos e mellorar o transporte urbano”. Nesta liña, Ameijide di que “temos preparadas” numerosas propostas para o equipo de goberno como a gratuidade do transbordos, a actualización dos sistemas de información e a creación dunha APP para informar en tempo real dos percorridos, “cuestións de fondo que o goberno local deixou aparcadas”.
De estas medidas, o voceiro popular alude á gratuidade dos autobuses urbanos para menores de idade, persoas con escasos recursos, xubilados e pensionistas (unha proposta do PP aprobada en pleno), ao establecemento de tarifas planas para uso diario ou á creación de bonos semanais, mensuais e mesmo anuais para traballadores; así como a outras que, “sendo menores si mellorarían sensiblemente o atractivo dos autobuses urbanos, como a asimilación a un plano de metro ou a identificación das liñas por cores”.
Ademais, Ameijide asegura que a necesidade de mellorar o transporte público “non é unha teima do Grupo Popular” xa que os cidadáns comezaron unha campaña de recollida de sinaturas na web change.org para demandar a mellora urxente do transporte urbano de Lugo.