El viceportavoz del Grupo Municipal del PP Enrique Rozas denuncia que las decisiones socialistas en materia de personal perjudicaron “gravemente” al cuerpo de la Policía Local y a los cidadanos, ya que en los últimos años perdió más de 50 agentes
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denuncia que Lara Méndez renuncia a crear unha delegación da Policía Local na zona norte da cidade en base a que “non é posible” crear crear esta delegación por mor da falta de persoal que sofre o corpo.
Unha decisión da que ó único culpable son os socialistas pola “nefasta” política de persoal que desenvolven no Concello de Lugo durante os últimos 18 anos. Enrique Rozas lamenta que “as decisións socialistas” desembocaron na perda de máis de 50 postos de axentes de policía no corpo lucense.
Neste senso, o vicevoceiro popular asegura que “non é de recibo” que por culpa das decisións dos gobernos socialistas en materia de persoal agora “se amparen” na falta de axentes para negarse a crear a delegación policial na zona norte, “unha necesidade para os cidadáns” por mor do crecemento experimentado pola cidade nos últimos anos.
O popular asegura que a perda dos máis de 50 axentes nos últimos anos “repercute negativamente” nos cidadáns, xa que hai menos policías para prestar servizo na rúa e atender as incidencias. Enrique Rozas asegura que a situación pode ser peor xa que aínda non se sacaron as ofertas de emprego público de 2015 e 2016, “polo que se caducan se amortizarán as prazas ofertadas”. E todo, pese a que a lexislación vixente permite á alcaldesa cubrir cunha tasa de reposición do 100%.
A situación vese agravada, explicou Enrique Rozas, pola “mala xestión do corpo” que precisa “unha reestructuración urxente” que dende o Partido Popular xa solicitamos en numerosas ocasións dende hai anos, “para dar una mellor e maior servizo á cidadanía”.
Rozas tamén recordou outra das demadas dos populares, como é a presenza da Policía Local na Casa Consitorial para axudar aos cidadáns. “A presenza dos axentes na Casa do Concello daría máis seguridade, e así evitar roubos como os que xa se produciron”.