La concejala del Grupo Municipal del PP Mari Teijeiro denuncia que el Concello de Lugo no dispone de mecanismos propios para realizar el segundo intento de notificación a los ciudadanos conforme al horario establecido en la normativa vigente
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, denunicou que o Concello de Lugo “incumpre” a Lei de Procedemento Administrativo no referente ás notificacións en papel “ao non contar con suficiente persoal” para realizar o seu traballo segundo o establecido pola lei. A popular asegura que dende o ano 2014 “os socialistas non fixeron nada por evitar a reducción de oito a tres o número de notificadores do Concello” o que produce unha merma importante no funcionamento do servizo.
Mari Teijeiro explicou que a normativa vixente establece que cando “a notificación se practique no domicilio do interesado e ninguén puidera facerse cargo da recepción da mesma, farase un novo intento en xornada diferente dentro dos tres días seguintes. É dicir no caso de que o primeiro intento se fixera antes das tres da tarde, o segundo intento deberá realizarse despois desa hora e viceversa”. Nembargantes, este caso nunca se cumpre, segundo explicou a edil popular, “xa que os tres notificadores cos que conta o servizo teñen horario de mañá e non se contempla a realización da súa labor noutro horario”.
Teijeiro explica que por mor disto, o Concello se ve na obriga de enviar as notificacións non recepcionadas polos cidadáns a través do servizo de Correos, “un suposto contemplado pola lei”, o que supón “ademais dun coste adicional para as arcas municipais, un problema de confusión para o notificado”.
A popular explicou que “se no intento de Correos novamente non se realiza a recepción da notificación prodúcese unha desubicación para o cidadán que, segundo o aviso xenérico deste servizo, só é sabedor de que o Concello de Lugo tentou realizarlle unha notificación, descoñecendo o motivo e o servizo do que parte a mesma”. “Comezá así unha situación peregrinaxe para o cidadán que acude ás oficinas municipais do Concello de Lugo para tentar recibir a devandita notificación. De ahí é derivado ao servizo de notificadores, que se atopa no Centro Social Uxío NovoNeyra, onde é fundamental reforzar o servizo para garantir que sempre esté un funcionario para atender aos cidadáns. Ahí lle informan ao interesado do servizo ao que ten que acudir para poder recoller a notificación”.
Por iso, Mari Teijeiro explica que “de non ser pola nefasta xestión en materia de persoal dos socialistas, este servizo podería realizar a súa tarefa dentro do que establece a Lei de Procedemento Administrativo sen, ademais, supoñer un custe para as arcas municipais, que só acudirían a servizos externos só en casos de urxencia”. Neste senso, a popular pide ao goberno local unha maior atención a este servizo, para gañar en eficacia e eficiencia, de maneira que sexa un servizo rendible sen custes extra para o Concello nin perxuízo aos destinatarios. “Non é de recibo que unha gran cidade como Lugo non dispoña dun servizo de notificacións que lle permita actuar conforme ao establecido na normativa vixente”.