Medio Ambiente

El PP dice que la tercera ubicación de Lara Méndez para la playa fluvial condena a los lucenses a quedar sin zona pública de baño

By 9 abril, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide asegura que “parece” que Lara Méndez le tiene “fobia” al agua dulce del río Miño ya que al giro que le dio al proyecto de la playa fluvial hay que sumar el fracaso de la Fábrica da Luz, lo que no deja un futuro muy esperanzador a los proyectos Muramiñae

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou que Lara Méndez “condenou” aos lucenses a rematar o mandato sen que se instale na cidade unha praia fluvial. Ameijide realiza esta afirmación xa que “co terceiro troco de ubicación” que os socialistas lle deron a esta dotación “é imposible” que Lara Méndez remate o presente mandato coa praia fluvial construída.

Antonio Ameijide explica que semella que Lara Méndez “non dá pé con bola” en todo o relacionado co Miño, xa que ao proxecto da praia fluvial engadimos o proxecto da Fábrica da Luz. “Con estes antecedentes moito nos tememos que os proxectos do Muramiñae sexan outro fracaso máis da xestión socialista á fronte do Concello de Lugo”, explicou o popular.

O voceiro popular recorda que a primeira ubicación elixida polos socialistas era na contorna dos Robles, unha zona de baño na que o río si que ten profundidade suficiente para albergar a infraestrutura das piscinas que se colocarán no río. Logo, Lara Méndez se decantou polo paseo do Miño, nunha zona intermedia entre o acceso peonil dende o Pazo Universitario dos Deportes e o acceso dende a Ponte Branca. Agora, nun novo xiro do seu rumbo, trocan a ubicación elixida para a praia fluvial polo que, seguramente, “haberá que comezar de novo todos os trámites administrativos” para a creación desta zona de baño pública, polo que “con este novo bandazo bota por terra todo o traballo administrativo, publicacións oficiais e trámites realizados durante o último ano”. “Primeiro de todo, teñen que decidir onde queren ubicar a praia fluvial e, a partir de ahí, facer un proxecto útil para todos os lucenses”, explicou o popular.

Antonio Ameijide fai esta reflexión xa que, despois de avaliar o proxecto rexistrado polos socialistas, queda claro que “unicamente fixeron un proxecto para saír ao paso das peticións dos lucenses” sen “deterse a estudar as necesidades de cada colectivo”. O voceiro popular explica que Lara Méndez quere “acondicionar unha zona de terra con lousas” para “minimizar o impacto ambiental”, un problema engadido para as persoas con mobilidade reducida xa que “un camiño de lousas non é a mellor opción”. Incluso, dende o Pazo dos Deportes non hai rebaixes nas beirarrúas para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida.

Incluso, a área de primeiros auxilios proxectada “nin contempla un mínimo de privacidade” par aos seus usuarios xa que Lara Méndez quere instalar “haima ou unha carpa” en lugar de ubicar unha infraestrutura semellante á que se instala na entrada do parque Rosalía de Castro durante as festas de San Froilán “ou calquer outra estrutura que de hixiene, seguridade e privacidade” aos usuarios que sexan atendidos por calquer tipo de accidente ou indisposición.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies