El portavoz popular Antonio Ameijide insiste en que “la falta de dirección política en materia de personal debilita la organización interna del Concello y provoca que, cada vez, haya más descontento y peor imagen de los servicios municipales entre la ciudadanía”
O voceiro popular Antonio Ameijide e o vicevoceiro Enrique Rozas mantiveron esta mañá un encontro coa xunta de persoal e o comité de empresa do Concello de Lugo.
Os populares trasladáronlle aos representantes sindicais algunhas das iniciativas, da autoría do Partido Popular, que se elevaron a pleno relativas “á mellora da organización e o funcionamento dos distintos departamentos municipais”.
Os populares abordaron “a necesidade de implantar un Modelo de Xestión de Calidade Total para solucionar o caos que hai no Concello de Lugo sen unha dirección política concreta e responsable”. Tamén repasaron a necesidade de actualizar o Plan de Emerxencias que leva once anos sen revisar.
Os populares tamén amosaron a súa preocupación “polo aumento, nos últimos tempos, das baixas laborais reiterando a necesidade de mellorar o plan de prevención de riscos laborais”. Nese senso, Ameijide amosou a súa satisfacción porque “logo de case un ano sen reunirse o Comité de Seguridade e Saúde casualmente, trala a iniciativa que levou o PP ao último pleno, á alcaldesa convoca para este venres unha reunión”.
A necesidade de sacar adiante unha nova Relación de Postos de Traballo tamén centrou tamén boa parte desta xuntanza, os populares lembraron que o seu Grupo presentou en decembro de 2016 unha iniciativa a pleno para que “se levasen a cabo os trámites necesarios para a elaboración dunha nova RPT antes da aprobación dos orzamentos de 2017”. Ameijide lamentou que malia que “esta proposición se aprobou de forma unánime, o goberno socialista non avanzou practicamente nada neste documento básico para o bo funcionamento do Concello de Lugo”.
O voceiro popular tamén aproveitou este encontro para falar da creación por parte da alcaldesa do posto de Dirección Xeral de Recursos Humanos asegurando que “se demostrou que foi un cargo político que, máis que resolver problemas, para o único que serviu foi para acrecentar as diferenzas en materia de persoal”.