La viceportavoz del Grupo Municipal del PP Ana López Pombo lamentó el “abandono” de este camino, algo a lo que los socialistas “nos tienen acostumbrados en los últimos tiempos” ya que es una situación que se repite en otras zonas de la ciudad
A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Ána López Pombo esixíu ao goberno socialista de Lugo que “dea unha solución definitiva” á escalinata que une a rúa Acea de Olga coa N-VI, xa que agora “os veciños non a empregan xa que a maleza a cubre por completo” o que impide o paso dos lucenses, unha situación que se repite noutras zonas da cidade.
A vicevoceira popular explica que “o goberno socialista de Lugo debería plantexarse este problema e darlle unha solución. Se queren que se empregue teñen que limpar a maleza e sinalizar correctamente e adopar as medidas oportunas para dar unha saída segura aos peóns que a poderían empregar, xa que esta dotación remata na N-VI, o que é un perigo tanto para os usuarios como para os condutores dos centos de vehículos que, a diario, empregan esta vía para desprazarse”. Neste senso, López Pombo asegura que “se deciden apostar por esta escalinata” o equipo de goberno ten que “realizar os estudos necesarios para certificar a seguridade dos usuarios”. Pola contra, se o equipo de goberno “non pode garantir a seguridade dos lucenses que empreguen esta escalinata, o que teñen que facer é pechala dunha vez para evitar calquer inconvinte á cidadanía”.
A vicevoceira popular asegura que “é unha temeridade” que os socialistas teñan esta escalinata neste estado, “chea de maleza e sen sinalizar adecuadamante”. Neste senso, Ana López Pombo lamentou “a pasividade” do equipo de goberno que segue sen mirar o estado no que “teñen sumido” a cidade, “coa maleza invandindo as rúas” e complicando a vida diaria dos lucenses que “non merecen a selva” na que se está convertindo a cidade pola “inacción dos socialistas” e que “deixa unha imaxe penosa” para os turistas que se achegan ata Lugo para disfrutar das súas vacacións.