El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López explica que la Xunta de Galicia, la Fegamp y el Seaga firmaron un convenio de colaboración para la limpieza de las franjas secundarias de seguridad en materia de prevención de incendios, con lo que el Seaga limpiará los terrenos que se encuentren dentro de las franjas a un precio “reducido” gracias a la subvención del gobierno autonómico
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pediu ao equipo de goberno de Lugo “sensatez” para que o Concello se una ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e o Seaga para a xestión das faixas secundarias de seguridade en materia de prevención de incendios forestais, unha medida que favorecería ao moitos lucenses, que teñen terreos dentro destas faixas de seguridade.
Manuel López explica que o prazo para adherirse a este convenio remata o 18 de setembro e que será “moi beneficioso” para todos os lucenses que poidan facer uso das súas vantaxes, un plan ao que o Goberno galego reserva un investimento conxunto de máis de 28 millóns de euros ata 2021.
Entre as principais vantaxes deste acordo está que os propietarios poderán limpar as súas fincas a un prezo moi vantaxoso, de 350€ por hectárea, “moi inferior ao de mercado”, polo que de non unirse, o goberno local “privaría” a moitos lucenses de poder limpar as súas fincas a un prezo moi competitivo.
As tarefas que se impulsan a través deste convenio estarán centradas na limpeza e labores de roza en terreos abandonados e nos de particulares que se adhiran a un contrato de xestión de biomasa con Seaga. Os titulares de fincas que se comprometan co sistema aboarán unha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea. Os propietarios beneficiaranse así das vantaxes do sistema, que inclúen a asunción polas administracións públicas dos maiores custes a que poidan dar lugar estes traballos.
O concelleiro popular afirma que, ademais de subscribir este convenio, o Concello de Lugo “debería de dar exemplo” aos cidadáns “cumprindo a lei”, algo para o que é preciso que “limpe” todas as propiedades municipais que se atopan dentro das faixas secundarias de seguridade que están sen limpar, tanto en zona urbana como na rural.
Manuel López pon diferentes exemplos da inacción socialista en Lugo. Na zona de Fontiñas hai varias semanas que desde o Grupo Popular se denunciou que a maleza medra sen control en varias fincas, sen que o Concello faga cumprir a lei. Ademais, nas inmediacións do Hula hai un caso semellante, onde fincas de titularidade municipal están cheas de maleza sen limpar.
O popular pregunta se o Concello de Lugo non se une a este plan ao ser a Xunta unha das administracións que o asinan, xa que Lara Méndez “está decidida a torpedear” todo o que vén da Xunta, pese a prexudicar os intereses dos veciños de Lugo, pero é curioso que neste acordo tamén se atope a Fegamp, presidida por un alcalde socialista.
Manuel López recorda que a xestión das faixas é unha competencia exclusiva do Concello e que a delimitación das faixas vén dada pola lei de prevención de incendios do ano 2007, algo que no Concello de Lugo aínda está sen delimitar, o que implica que o goberno local ten que “identificar as faixas afectadas e aos seus propietarios” para “instar” a que se limpen. “De non facer a limpeza das faixas os propietarios dos terreos será o Concello o que terá que facelo subsidiariamente e logo cobrar os traballos aos propietarios”, explicou o popular.
O concelleiro popular explica que o Concello de Lugo “ten moitas posibilidades” de entrar no convenio porque “no municipio contamos” coa única parroquia da provincia cualificada como PAAI (parroquia de alta actividade incendiaria) que é Santa María de Bóveda “un factor que prioriza a adhesión dun concello ao convenio”. Incluso, contar cun Plan de Emerxencias Municipal é outro dos factores que favorecen a inclusión neste convenio.
Manuel López lamenta “a falta de lealdade institucional” do goberno local ao “nin sequera acudir” á xuntanza organizada na delegación da Xunta en Lugo na que se lle explicou a todos os representantes dos concellos da provincia este plan. “É triste que os socialistas non mandaran nin un representante, esta é a súa preocupación polos lucenses”, explicou o popular.