El concejal popular Manuel López denuncia que los socialistas siguen negando servicios básicos a los vecinos de la zona rural de Lugo, como sucede en Conturiz y Cardoso, donde 15 y 6 viviendas, respectivamente, siguen esperando para conectarse a la red de abastecimiento y saneamiento, a pesar de que los trabajos para dotar de estos servicios básicos a los vecinos de las parroquias del rural son fáciles de acometer por parte del Concello de Lugo
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pide ao goberno local que cumpra coas súas función se dote de abastecemento aos veciños de Conturiz e do mesmo servizo e saneamento aos veciños de Cardoso, en San Mamede dos Anxos.
Manuel López explica que o Concello de Lugo xa conta cun proxecto para dar servizo de abastecemento de auga potable a un grupo de varias vivendas en Conturiz, o que demostra unha vez máis “que os socialistas actúan por impulsos en lugar de estudar con criterio as actuacións a desenvolver porque é imposible entender que doten destes servizos a seis vivendas nesta zona e que o resto de veciños, que se atopan a escasos metros, non teñan auga potable”. Neste punto quedaron sen abastecemento un total de 12 casas que se atopan na pista de Riba de Muro (Santo André) e no Camiño de San Amaro, ademais doutras tres vivendas na contorna da fonte de Conturiz. Unha obra que sería sinxela de realizar, xa que “falamos dunha canalización duns 350 metros”.
Ademais, no lugar de Cardoso a acometida de auga se atopa na entrada do pobo, polo que se podería dar servizo a seis vivendas que agora mesmo non o teñen. Neste caso, os traballos serían para instalar unha tubería duns 200 metros cos enganches precisos para dar servizo ás seis vivendas. Neste senso, Manuel López asegura que “xa que habería que levantar a pista, o goberno local tería que aproveitar para dotar de saneamento a este lugar”, uns traballos consistentes en conectar esta zona coa canalización que baixa de San Mamede dos Anxos, que non necesitaría ningún tipo de bombeo nin outro tipo de medidas, xa que ten suficiente pendente para levar as augas fecais.
Manuel López pide ao goberno socialista que escoite aos veciños da zona rural e que non mire cara outro lado. O concelleiro popular recorde a “enorme necesidade” de levar o saneamento e o abastecemento a éstas e outras zonas de Lugo xa que na actualidade os veciños abastécense grazas a pozos propios de barrena e a única solución para o saneamento son fosas sépticas, solucións que poden ter riscos para a saúde xa que en ocasións “hai demasiadas fosas nun espazo moi reducido”, moi preto dos pozos dos que se abastecen directamente.
Neste punto, Manuel López recorda que aos socialistas que segundo a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local son os Municipios os que terán que prestar os servizos de abastecemento de auga potable e de sumidoiros.
Por iso, o concelleiro popular anunciou que o Grupo Popular levará unha proposición ao pleno ordinario do Concello de Lugo para obrigar ao goberno local a que asuma as súas competencias e dote destes servizos aos veciños destas parroquias.