El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide pidió explicaciones al equipo de gobierno de Lara Méndez durante la comisión de economía para aclarar por qué el Concello de Lugo paga comidas a sindicalistas con cargo a las arcas municipales, ya que si la regidora quiere invitar a comidas a sindicatos para que vayan a manifestaciones “que las pague de su propio bolsillo o con cargo a su partido”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu explicacións a Lara Méndez para que clarifique por que o Concello de Lugo pagou unha cea a varios sindicalistas “na súa marcha a Madrid para esixir pensións dignas”. O voceiro popular quere que a rexedora clarexe o motivo deste pago e engade que se Méndez quere convidar a sindicalistas o que ten que facer é “pagar a cea do seu propio bolsillo ou con cargo ao seu partido”. De feito a explicacións do equipo de goberno “son lamentables” xa que argumentan que se debe a unha decisión “política” do propio equipo de goberno, é dicir, “o PSOE quixo pagar a cea, pero a costa de todos os lucenses”.
Neste senso, Ameijide explica que pediu que na votación do pleno se dividise a votación desta e outra factura, algo “ao que se opuxo o equipo de goberno”.
Antonio Ameijide engade que ao vindeiro pleno irán 15 recoñecementos extraxudiciais de crédito, por un importe de 96.493,95€, que “poderán bautizarse como os recoñecementos das comidas e dos viaxes” xa que os socialistas levan ao pleno, para o seu debate, reparos de comidas por valor de 6.021,40€ e reparos de viaxes por un importe de 1.478,93€.
O voceiro popular asegura que a este paso “non lle quedará ningún restaurante” a Lara Méndez ao que poder ir a comer ou cear xa que “son demasiados” os establecementos de hostalería nos que debe facturas, algunha delas do ano 2016. Incluso, o popular ve “totalmente inadecuado” que o equipo de goberno contrate viaxes por toda España a costa das axencias de viaxes xa que aínda debe viaxes do ano 2017.
Antonio Ameijide destaca que nos propios informes de intervención sobre estas facturas destácanse argumentos tan graves como que “non consta a instrución de procedementos de contratación nin contratos que sirvan de soporte documental á factura…”, “a contratación non se axusta aos trámites legais sinalados na lexislación vixente…nin publicidade, concorrencia e obxectividade” ou a “omisión de calquer procedemento de contratación adecuado e ausencia de contrato soporte documental”, como é no caso do Mercado Medieval, unha factura de agosto de 2016 que ascende a 12.000€. Tamén sobresae unha factura do fogar do transeúnte, de case 4.000€, en concepto dos alimentos para esta instalación municipal.
Segundo o voceiro popular a “irresponsabilidade” do goberno socialista chega a tal punto que aínda non pagaron 4 facturas de varias obras na cidade, do ano 2016, a unha empresa que nos últimos anos pasou por tempos moi complicados, nos que incluso tivo que afrontar un concurso de acredores.
Outras das facturas pendentes de pago son da reparación do SAE do transporte urbano, que ascende a 21.755,35€, da instalación dunha rede para o circo romano do Arde Lucus do ano 2017 (por un importe superior aos 600) ou 11 facturas referentes ao mantemento e revisión de caldeiras, por un importe de 15.224€. Sobre esta última, Ameijide di que “é imprescindible facer un contrato xa que non é de recibo que unha empresa pase 11 facturas polo mesmo concepto nun mes, xa que o máis normal sería unificar todo nun mesmo contrato e permitir a participación de máis empresas para acadar un aforro para as arcas municipais”.