El portavoz Antonio Ameijide afirma que, después del espectáculo y de los bandazos que protagonizó la alcaldesa a costa del futuro de los locales de la Tinería, es más necesario que nunca abrir este debate como ejercicio de transparencia y para frenar el descontrol del gobierno socialista.
O Grupo Popular presentou un escrito para que a alcaldesa convoque no mes de decembro o Debate do Estado da Cidade. O voceiro dos populares Antonio Ameijide declarou que, a estas alturas, xa teríamos que ter a data desta sesión asegurando que comprende “que a alcaldesa non se atreva a celebrar este pleno extraordinario porque sabe que non cumpriu con Lugo e que ten moitas tarefas pendentes”.
“Pleno tras pleno observamos como os socialistas non asumen responsabilidades, nin tampouco fan ningunha autocrítica da súa xestión culpando da parálise do Concello ou a Montoro ou aos funcionarios que están de baixa” indicou Ameijide.
O voceiro popular xustificaba esta petición por varios motivos: en primeiro lugar por imaxen e reputación da propia institución xa que “nos últimos tempos a alcaldesa adoptou unha actitude de total improvisación e de continuos bandazos á conta do futuro dos locais da Tinería o que demostra a ausencia dun proxecto claro de cidade”. O popular considera que o colmo do despropósito foi a situación vivida onte xa que “mentres que o mércores pola noite anuncia a espaldas dos veciños que descarta comprar os baixos da Tinería, ao día seguinte vota a favor dunha emenda do PP para comprar estes baixos. Queda claro que non sabe o que fai e que está superada pola situación” resumiu o voceiro popular.
En segundo lugar, para Ameijide este pleno supón un exercicio de transparencia e de compromiso xa que “por un lado, porque enriquece a diagnose da situación e, por outro, porque se poderían presentar propostas de liñas de actuación que poderían levarse a cabo antes de concluir este mandato”.
“Non queremos escoitar máis escusas do que non se fixo, queremos saber cales son os seus planes, se é que os ten, e nese senso quero lembrarlles que estamos a 31 días de que acabe o mes sen ter novas dos orzamentos para 2018”.
O terceiro motivo polo que se pide este pleno do debate do Estado da Cidade é simplemente por aplicar o sentido común xa que “no artigo 114 do Regulamento Orgánico Municipal se especifica que, hai que celebrar tres sesións extraordinarias do pleno antes de cumprir o mandato” matizando que “ao estar no seu ecuador o máis lóxico sería reunir á corporación”.