El portavoz popular Antonio Ameijide afirma que, a un mes de que acabe el año, el Grupo Popular carece de ningún tipo de información sobre los presupuestos, pero, aún así, aportará en los próximos días sus propuestas
O Grupo Municipal do Partido Popular criticou a “falta de responsabilidade e a parálise” do goberno socialista de Lugo que, por terceiro ano consecutivo, é incapaz de presentar, en tempo e forma, os presupostos para o vindeiro 2018.
O voceiro dos populares Antonio Ameijide, a pouco máis dun mes de que remate o ano, quere saber cal é o futuro dos presupostos municipais xa que a estas alturas, non temos ningunha información sobre este documento contable polo que esiximos respostas “queremos saber se a alcaldesa ten a intención de repetir o pacto con Lugonovo e BNG para sacar adiante as contas para 2018 ou se ten previsto someterse a unha cuestión de confianza”.
“Nin a terceira vai a vencida” refraneaba o popular lembrando que os primeiros orzamentos de Lara non se aprobaron ata o 31 de marzo de 2016; o fracaso dos segundos xa que non conseguiu negociar nin consensuar cos grupos que lle deron o bastón de mando os orzamentos para 2017; e agora, o mutismo do goberno que, a estas alturas, non presentou nin un avance de previsións das contas para o vindeiro exercicio.
O popular desvelou que no que levamos de 2017 fixéronse 5 modificacións presupostarias por un importe de 10.3M€ sobre un orzamento que superan os 90 millóns de euros. “Un mecanismo que debería ser excepcional xa se está a converter en algo habitual nesta administración” reflexionaba o popular.
Antonio Ameijide interpreta esta fórmula como un “instrumento que responde á incompetencia do goberno socialista xa que ao carecer dunha folla de ruta clara e deseñada con antelación frena os investimentos, proxectos novos e contratacións de persoal”. Esta situación repercute na mellora da prestación de servizos dos cidadáns xa que “se retrasan os investimentos e se ralenticen as obras e prestación de servizos”.
Outra consecuencia desta falta de xestión é “o bloqueo sine díe do Plan de disposición de fondos de tesourería que é o que fixa os criterios para planificar os pagos que se producen durante o exercicio contable”.
Por último os populares acusan ao equipo de Lara Méndez de irresponsables e de situar ao Concello de Lugo á cola das grandes cidades no tocante á elaboración dos orzamentos. Ameijide explicou que en Vigo xa tivo lugar o pleno de aprobación inicial dos orzamentos; en Ferrol e en Pontevedra xa lles entregaron as liñas mestras deste documento contable e noutros grandes concellos xa houbo contactos políticos.