El Grupo Municipal del Partido Popular presenta al pleno ordinario del mes de septiembre cuatro propuestas en materia de Transparencia, Urbanismo, Cultura e Economía, además de una petición de comparecencia del edil Daniel Piñeiro
O Grupo Municipal do Partido Popular esixirá no pleno ordinario do mes de setembro a creación dunha Comisión de Investigación no Concello para depurar responsabilidades despois de coñecer o seguimento e control dos movementos realizados na intranet municipal por parte do Concello aos grupos da oposición. Para os populares estos feitos son “intolerables de suma gravidade” e supoñen a vulneración de dereitos constitucionais como a liberdade de expresión e o segredo de comunicacións.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular considérase que se pretende “coartar a labor de fiscalización” dos grupos políticos e o seguimento ao que nos someteron tivo como resultado a suposta creación dun documento/informe onde se recollía a forza política que realizaba o acceso, así como as horas, o ordenador empregado e a persoa que facía a consulta.
Por estes feitos, os populares, e coa finalidade de clarexar todos os aspectos relativos ao acceso sen permiso ás consultas e aos equipos informátivos, así como os feitos e circunstancias que rodearon o acontecido, consideran oportuno a constitución dunha Comisión de Investigación ao abeiro do establecido no artido 124.3 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e o artido 135 do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Lugo.
Ademais, o Grupo Municipal Popular, solicitará a comparecencia en pleno de Daniel Piñeiro, concelleiro da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, dentro do seu deber de información a todos os membros da Corporación, coa finalidade de que explique a situación na que se atopa a concesión da Fábrica da Luz.
Mesa de traballo para A Tinería
O Grupo Popular proporá a creación dunha comisión de traballo para acometer as accións que se programen, dende distintas administracións, co obxeto de recuperar o casco histórico de Lugo e máis en concreto a zona da tinería. A revalorización deste espazo debe ser un dos eixos centrais da reactivación económica de Lugo polo que “esta comisión debe abrirse a todos os especialistas e colectivos implicados na súa reactivación”, explicaron dende o Grupo Popular.
Para os populares é necesario un acordo unánime de todos os grupos políticos para organizar os compromisos das diferentes administracións e entidades co obxecto de que sexa un programa cohesionado e que se calendaricen as diferentes actuacións, a medio e longo prazo, comprometendo aos distintos actores implicados. De feito, os propios veciños solicitaron interveir no pleno para explicar a situación desde o seu punto de vista.
Aparcadoiro en A Ponte
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo tamén pedirá a creación dun aparcadoiro no barrio de A Ponte xa que “son xa demasiados anos con este problema e xa é hora de dar unha solución”. A falta de prazas de aparcadoiro no Paseo de Miño é unha eiva que se ve acentuada no verán. A creación dun aparcadoiro permitirá solventar o problema que hai no Paseo do Miño e incentivaría que os lucenses se achegasen ata este barrio da cidade e así se axudaría aos negocios da zona. Ademais, serviría para regular o tráfico os días que o Club Deportivo Lugo xogue no Anxo Carro, xa que de crear este aparcadoiro moitos afeccionados poderían optar por esta ubicación para deixar os seus vehículos e achegarse ata o campo camiñando polo paseo do Miño, polo que deste xeito se sacarían moitos vehículos do entorno da N-VI.
Concurso ideas para sinalar a unión dos 3 Patrimonios da Humanidade
O Grupo Municipal do Partido Popular tamén presentará unha proposta para que se sinalice, na Praza Pío XII, a confluencia dos tres Patrimonios da Humanidade. En Lugo temos “a sorte e o luxo de poder acceder dende un único punto aos tres patrimonios dunha cidade e non podemos perder a oportunidade de difundir a riqueza que supón esta concentración de monumentos e bens declarados patrimonio mundial”.
Os populares suxiren que se organice un concurso de ideas para que se deseñe o elemento que promocionaría este punto que ben podería ser “unha escultura ou un monolito que represente a riqueza que podemos admirar neste enclave”. Trátase dun lugar único do que os lucenses podemos presumir e que debemos sinalizar, que podería complementarse cun tótem informativo dixital onde o viaxeiro poida buscar toda a información que pode necesitar para coñecer a Muralla, Catedral e Camiño Primitivo así como acceder a información gastronómica e de eventos programados polo Concello.