La concejala popular Ana López Pombo plantea a los socialistas que “hablen con los responsables de la Deputación, que es la que se encarga de su mantenimiento, para recuperar esta instalación” sugiriendo que “se consensúen propuestas para darle un uso y evitar que continúe su deterioro”
A concelleira do Grupo Popular Ana López Pombo denuncia o estado ruinoso no que está o anfiteatro do campus “que cumpre 18 anos de vida presentando un aspecto de deterioro absoluto”.
A popular enumeraba as súas deficiencias “gradas pintadas, pedras de granito arrincadas e reventadas, malezas e lixo” indicando que “a zona onde supostamente está o escenario as fogatas estragaron moitas das lousas, tamén falta a practica totalidade da reixa metálica dos sumidoiros e hai pezas metálicas tiradas no chan”.
Para López Pombo é lamentable “a falta de mantemento desta construcción que se inaugurou no ano 2000 e que custou aos lucenses máis dun millón de euros”. “Estamos falando dun anfiteatro que se fixo nunha zona privilexiada de Lugo e que é a porta de entrada do campus” manifestando que “é moi pobre a primeira impresión que se levan os que accedan ao campus lucense por Alfonso X”. A concelleira popular indicaba que “primeiro hai unha charca con auga apozada no que foi un coqueto parque de deseño e, segundo, cando nos achegamos ao anfiteatro empezamos a atopar restos de lixo, botellas de cristal rachadas e pintadas. Xa dentro do anfiteatro a cousa non mellora” manifestaba a edil do PP.
Ana López Pombo lamenta o desinterese dos sucesivos gobernos socialistas en impulsar esta dotación “son incapaces de consolidar actividades nesta zona” asegurando que “ainda que somos conscientes que a distancia co centro é un inconvinte eso non significa que non sexa viable e atractivo programar actuacións ao aire libre neste espazo”. “O problema é que os socialistas son incapaces de preparar unha programación estable e atractiva nin para este anfiteatro nin para outras infraestructuras culturais da cidade” apostillou.
Xa por último a edil do PP Pombo plantexa aos socialistas que “falen cos responsables da Deputación, que é a que se encarga do seu mantemento, para recuperar esta instalación” suxerindo que “se consensúen propostas para darlle un uso e evitar que continúe o seu deterioro”
O anfiteatro do campus inaugurouse no ano 2000 a obra foi realizada pola Escola Taller da Deputación, custou máis dun millón de euros e ten unha capacidade para 2.500 persoas e un escenario de 800 m2 . Tamén se fixeron dous paseos en semicírculo, cunha superficie total de 2.000 m2, pavimentados en pedra.