El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide asegura que la empresa que se encarga de la gestión de la EDAR y de la ETAP sigue a enviar facturas cada mes al Concello pese a que el 23 noviembre de 2011 finalizó el contrato de la EDAR y en febrero de 2012 acabó la vinculación por los trabajos en la ETAP
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamenta que a xestión do ciclo da auga cumpra o seu sexto aniversario có contrato caducado e uns pagos con reparos de legalidade de 9 millóns de euros, unha situación totalmente “anormal” polo que exise ao equipo de goberno a “legalización e regularización” desta situación, polo que pide que saque a licitación o contrato. En concreto, os pagos na ETAP superan os 6 millóns de euros (6.011.257,28€), mentres que os da EDAR se achegan aos 3 millóns de €(2.982.704€).
Así o explicou Antonio Ameijide, que lamentou “a pouca dilixencia e a falta de gañas” do goberno local para sacar adiante o novo contrato e “regularizar” o ciclo da auga. A empresa que se encarga da xestión da depuradora e a potabilizadora segue a enviar facturas mensualmente ao Concello pese o 23 novembro de 2011 rematou a relación contractual pola Estación Depuradora de Augas Residuais e en febreiro de 2012 finalizou a vinculación polos traballos na Estación de Tratamento de Auga Potable.
Pero o peor non é só que “levemos seis anos có contrato caducado” xa que en outubro do ano 2016 o concelleiro con competencias nesta materia explicou en pleno que “xa asinara os pliegos do contrato e, a día de hoxe, ese pliego non está en contratación para a súa licitación”. Unha situación ante a que Ameijide o ten claro: “aquí alguén minte ou non hai interese en sacar o contrato”.
Unha situación á que semella Lara Méndez “quere acostumar a toda a cidadanía” xa que segundo pasan os meses seguen a caducar contratos e dende o equipo de goberno “non fan nada” para tentar regularizar a situación, na que semella “non só están cómodos” se non que parece que “a propician”. “Os pagos con reparos de legalidade aumentan segundo pasan os meses. Seguen a caducar contratos. Sen ir máis lonxe neste ano un tan importante como o da recollida do lixo, a limpeza dos centros escolares e, hai unhas semanas, o de Tribugest, encargada de xestión do cobro de recibos en vía executiva”, expuxo Ameijide.
Neste senso, o voceiro popular denuncia que as tarefas na potabilizadora se están a asumir “sen contrato desde hai 6 anos e, no seu momento, so se fixo un contrato de posta en marcha e non de xestión” e que no caso da depuradora “o único contrato que había é para a estación vella, non para a nova”, o que pode “engadir algunha implicación legal” o que suporía un novo “logro” para a xestión de Lara Méndez á fronte do Concello.
Unha situación que Ameijide non chega a “comprender” xa que nin López Orozco nin agora Lara Méndez “sacaron a licitación” os contratos caducados polo que demostran que para os socialsitas “o habitual” é xestionar os servizos públicos a través de empresas con contratos caducados e con pagos con reparos de legalidade.
Pagos con reparos de legalidade en 2017
Os pagos con reparos de legalidade son xa, “por desgracia”, unha práctica habitual no Concello de Lugo e no que vai de ano xa se pagaron uns 15 millóns de euros con esta cualificación e, de seguir nesta liña, serían case 20 millóns a final de ano, o que evidencia “a falta de capacidade de xestión” de Lara Méndez e o seu equipo, unha falta de capacidade que pasa unha factura desorbitada ás arcas municipais e iso é algo que “non podemos permitir”. Unha ausencua de liña de traballo clara do goberno local que, segundo Ameijide, “chega a tales límites que non son capaces de aprobar os pregos para os novos contratos e, os únicos que sacan, como o dos museos, queda deserto porque non se presentou ningunha empresa, polo que a consecuencia é que sigue á fronte do servizo unha empresa do grupo Vendex”.
Para o popular un dos grandes problemas da xestión socialista á fronte do Concello de Lugo é que “hai máis empresas co seu contrato nunha situación irregular que as que o teñen dentro da legalidade” o que demostra que o sistema de xestión de Lara Méndez está “á marxe das normas”.