El Grupo Municipal del Partido Popular lamenta la postura tomada por el PSOE y el resto de grupos del pleno, al rechazar la instalación de cámaras de vigilancia en puntos estratégicos de la ciudad para mejorar la seguridad del patrimonio histórico y cultural, así como de los polígonos industriales.
Mención a parte requiere la postura tomada por el grupo de Ciudadanos, que después de realizar una enmienda y ser aceptada por el Grupo Popular, decidió votar en contra de esta iniciativa.
Nos últimos anos o patrimonio da nosa cidade, sufriu actos vandálicos totalmente inxustificables, como o que aconteceu fai uns días na fonte de San Vicente na Praza do Campo, a cal xa fora obxecto de graves danos que precisaron da súa rehabilitación. Este elemento arquitectónico que se atopa nunha praza emblemática, constitúe un dos principais reclamos turísticos da cidade, polo que é preciso adoptar medidas de protección especial.
A instalación de cámaras de videovixilancia no entorno dos monumentos máis importantes da cidade, así como noutras localizacións estratéxicas e en edificios públicos, serían de gran utilidade para evitar ataques contra o patrimonio, e mellorar a seguridade de persoas e bens, o que suporía un aumento da seguridade cidadá.
Os sistemas de videovixilancia esixen contar cos permisos necesarios e cumprir coa normativa en materia de protección de datos, protección da imaxe… nese sentido sería obrigatorio garantir o bo uso deste sistema, pero as cámaras servirían de elemento disuasorio para as persoas que poidan ter intención de cometer actos que atenten contra persoas, bens patrimoniais, instalacións, etc.
De igual forma, deberíase elaborar un estudo que estableza as zonas, monumentos e edificios públicos susceptibles de contar con este tipo vixilancia.
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a:
Elaborar un estudo que teña por obxecto, levar a cabo a instalación de videovixilancia en monumentos, edificios públicos e zonas da nosa cidade, coa finalidade de garantir a seguridade das persoas, bens e instalacións.