El PP lamenta que el resto de grupos del pleno municipal rechazasen la propuesta de los populares para firmar un convenio con la Asociación Protectora de Animales Exóticos de Galicia o otra similar para tener un plan de actuación ante el abandono, y posterior recogida, de animales exóticos en Lugo. La propuesta solo contó con los votos a favor de los populares, mientras que PSOE, Lugonovo y Ciudadanos votaron en contra, y BNG y ACE-EU se abstuvieron.
Cada día son máis as persoas que optan por ter como mascota non a un can ou a un gato, animais comunmente coñecidos como domésticos, senón que buscan animais exóticos. Esta tendencia vai en aumento, e resulta sinxelo atopar casos de animais exóticos como tartarugas, réptiles, tarántulas, aves… ou mesmo mamíferos como son os hurones entre outros, que son tomados como mascotas, especies que polas súas características e rareza volvéronse moi atractivas.
O problema xorde cando estes animais son abandonados ou os seus donos desexan desfacerse deles porque non poden continuar co seu coidado, nestes casos sería positivo que o Concello contase co apoio dun centro de acollida de animais exóticos onde se lles prestaría a atención adecuada para darlle unha vida digna e saudable durante o tempo que permanecesen no centro, ata a súa recolocación ou adopción noutro fogar ou en centros especializados.
A colaboración cunha asociación de expertos en este tipo de animais sería moi beneficiosa de cara a dar información e asesoramento, e mesmo para concienciar a cidadanía sobre as necesidades específicas deste tipo de animais e a importancia de coñecer cales son os coidados que precisan, deste xeito serviría de apoio tanto para os propietarios actuais como para as persoas que están pensando en adquirir este tipo de seres vivos.
O Concello de Lugo co obxecto de contribuír á realización dunha actividade de utilidade pública como é o caso que nos ocupa, podería promover a firma dun convenio de colaboración coa Asociación Protectora de Animais Exóticos de Galicia, ou algunha outra asociación ou organismo vinculado a este tipo de animais. Dentro deste convenio podería ter cabida a cesión temporal de locais para levar a cabo estas actividades e calquera outra vía de colaboración que se considere oportuna.
Por todo elo, o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
Instar ao Goberno Municipal a establecer un convenio coa Asociación Protectora de Animais Exóticos de Galicia ou outras similares, que teña por obxecto o asesoramento e información na tenza de animais exóticos, así como a acollida temporal de animais exóticos abandonados ou que non poden ser atendidos polos seus propietarios, ata a súa posterior reubicación.