El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide asegura que ante “el aumento de casos de abandono de animales exóticos” como pueden ser reptiles, aves, mamíferos de determinadas especies o tortugas, entre otros animales, “es necesario dar una respuesta a las necesidades especiales” que tienen este tipo de animales y sus propietarios
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo pedirá no pleno ordinario de febreiro que o Concello de Lugo asine un convenio coa Protectora de Animais Exóticos (Paexga) para o asesoramento, información, recollida e recolocación de animais exóticos ante o aumento deste tipo de animais en Lugo.
Cada vez son máis os cidadáns que optan por ter un animal de compañía diferente a un can ou un gato, unha tendencia que vai en aumento, polo que resulta sinxelo atopar numerosos casos de animais exóticos, como poden ser tartarugas, réptiles, tarántulas, aves ou mesmo mamíferos como furóns, que se mercan como mascotas. “Estamos a falar de especies que polas súas características e rareza volvéronse moi atractivas”, explicou Antonio Ameijide.
Ante o aumento no número de abandonos que sofren este tipo de animais exóticos, “dende o Concello temos a responsabilidade de colaborar na procura dunha solución ou, cando menos, de canalizar os medios para atallalo, sobre todo se temo sen conta que en Lugo non hai ningunha asociación nin entidade que solucione este problema”. Ademais, Ameijide engade que todo isto ten que “estar amparado polos profesionais con coñecementos na materia para dar garantía de seguridade”.
O voceiro popular presentou a iniciativa que defenderá o seu grupo no pleno no parque Rosalía de Castro, acompañado da vicevoceira popular Ana López Pombo. Ameijide explicou que coa sinatura deste convenio os populares queren que se atalle un problema creciente en Lugo, xa que non hai ningunha entidade, salvo Paexga, que se faga cargo dos animais exóticos abandonados.
O popular destaca a importancia de que o Concello colabora cunha asociación de expertos neste tipo de animais, sobre todo, para informar e asesorar á cidadanía antes de facerse cun animal desta índole, xa que “non é o mesmo coidar dun can ou dun gato, que facelo dunha serpe ou dunha tarántula” polo que os coidados específicos que precisa cada unha destas especies animais son descoñecidos para a maioría de cidadáns.
Outro eido moi importante “é que a maior parte destas especies invasoras”, polo “non están adaptadas ao entorno de Lugo nin o entorno a elas”. Ameijide fai esta reflexión porque “por desgraza” moitos destes animais “tamén acaban abandonados” polo que “na maior parte dos casos o abandono non só é unha condea a morte, senón que tamén é un perigo para o entorno”.
Neste senso, os populares destacan a importancia de asinar o convenio de colaboración coa Asociación Protectora de Animais Exóticos de Galicia, ou algún outro organismo vencellado a este tipo de animais, xa que a través da colaboración entre estas entidades podería acordarse a cesión temporal de locais municipais para desenvolver as actividades formativas á cidadanía e tamén a recollida de animais exóticos que son abandonados para avaliar o seu estado e proceder a súa recolocación noutro fogar de acollida ou nun lugar habilitado para este tipo de animais ou, incluso, atender as persoas que non se poden seguir facendo cargo deste tipo de animais e que precisan de axuda para reubicar a este tipo de animais.