El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide ve “totalmente injustificable” que la cuarta parte del equipo de gobierno esté “imputada” por presuntos delitos, desde una presunta malversación, por la que se investiga a la alcaldesa, hasta los asuntos medioambientales que hoy conocemos, por lo que los socialistas mantienen al Concello de Lugo instalado en un “conflicto constante” y en una “permanente judicialización”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anunciou que o seu grupo pedirá no vindeiro pleno a reprobación de Daniel Piñeiro trala súa investigación pola comisión dun presunto delito contra o medio ambiente, despois de ler as informacións recollidas hoxe nos medios de comunicación. “Este é o colofón á ineptitude amosada á fronte das súas áreas de goberno”, explicou o voceiro popular.
Antonio Ameijide destaca o “desastre de xestión” que Daniel Piñeiro desenvolveu dende que chegou a súa concellería que remata co “despropósito” de que un edil vencellado a unha asociación ecoloxista sexa investigado pola comisión dunha presunto delito contra o medio ambiente, investigación que chega días despois de que Daniel Piñeiro evitase votar a favor de eliminar os vertedoiros incontrolados que hai no Concello de Lugo.
O voceiro popular destaca que todo o que “denunciamos” dende hai meses sobre a “parálise” na licitación dos pliegos dos contratos vese reflectido agora. “Non saben nin cantos pozos de tormenta teñen na cidade”, asegurou Ameijide, en relación á afirmación que realizaron dende o goberno local na que admitían que non se realizaba ningún tipo de mantemento do pozo de tormenta de A Garaballa. “E que teñen a cara dura de dicir que realizan o mantemento de todos os pozos de tomenta, menos no de A Garaballa. Ademais levan dende 2011 co contrato caducado na xestión do ciclo da auga, sen facer nada”, explicou o popular.
Antonio Ameijide afirmou que se demostra que “o único que sabe facer” Daniel Piñeiro “é xerar problemas”. O concelleiro de desenvolvemento sostible é o que máis queixas recibe dos lucenses, só por detrás de Lara Méndez, e dáse a circunstancia de que “ambos son investigados e están imputados” polo xulgado por diferentes presuntos delitos.
O voceiro popular denominou a Daniel Piñeiro como “o concelleiro dos lios”. Ameijide explica que Piñeiro é o responsable de que os lucenses teñamos o risco de ter que pagar unha indemnización millonaria á empresa concesionaria da Fábrica da Luz, entre outras cousas, por demorar, intencionadamente, varias semanas a sinatura dun documento necesario para continuar cos trámites da Fábrica da Luz. Ademais, é o concelleiro que xerou a maior paralización na concesión de licenzas no Concello de Lugo e o que creou a maior división entre o persoal municipal.
Incluso, Daniel Piñeiro é o culpable de que os lucenses aínda non poidan ter unha zona pública de baño por mor dunha xestión “nefasta” na que chegou a desprazar a ubicación da praia fluvial máis de 800 metros sen decatarse e de só corrixir unha das seis deficiencias que lle pediron modificar dende a Xunta de Galicia.
Ademais, entre os seus “logros” está o de “mentir descaradamente” ante os medios de comunicación, acusando a outras administracións de deslealdade e de non colaborar co Concello de Lugo, como fixo no día do Día Mundial do Medio Ambiente, algo que quedou “desmentido” nese mesmo acto por parte da representante da Xunta de Galicia.
Antonio Ameijide tamén recordou os problemas xerados no ciclo da auga, como os da Edar, que acumula numerosos informes negativos por parte da Xunta de Galicia por mor do mal funcionamento da depuradora, chegando a cualificarse o seu funcionamento como “moi deficiente” no último informe emitido.
O voceiro popular dixo que “queda patente que hai motivos máis que suficientes” para reprobar a Daniel Piñeiro, por iso “pediremos ao pleno” a reprobación do edil.