ObrasUrbanismo

El PP pide al gobierno local una intervención en Montirón para solucionar los numerosos problemas que hay en el barrio

By 9 diciembre, 2017diciembre 11th, 2017No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Ángel Trabada explica que los populares mantuvieron una reunión con vecinos de Montirón en la que se evidenció, a raíz de las quejas de los vecinos, que el gobierno socialista de Lugo “se olvidó totalmente” de esta zona de la ciudad a la que tiene “muy descuidada”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, pide ao goberno local que “dea unha solución” ás numerosas deficiencias existentes no barrio de Montirón para as que os veciños levan anos solicitando unha actuación inmediata. Trabada deu a coñecer a situación dos veciños da zona, despois de manter unha xuntanza con eles, na que tamén estivo presente o voceiro popular Antonio Ameijide, reunión na que trasladaron aos populares as numerosas queixas existentes “polo esquecidos que están” por parte do goberno local.

Entre as principais reivindicacións dos veciños está o bacheado das pistas que unen Montión có paseo do Rato. Nestas vías os baches son numerosos e de grandes dimensións, polo que dificultan a circulación dos vehículos e poñen en perigo a condutores e peóns. “Dende o Grupo Popular temos coñecemento de que esta non é a primeira nin a segunda vez que os veciños realizan esta demanda. Por iso pedimos ao goberno local que reasfalte estas vías para mellorar a circulacións dos vehículos”, explicou Trabada.

Ángel Trabada tamén explica que hai anos que desapareceu o cartel que indica onde se atopa o lugar de Os Plateiros, no barrio de Montirón, unha zona na que hai varias casas e os veciños xa se atoparon con que “nin as ambulancias son capaces de chegar ata alí” cando hai algunha emerxencia porque non saben onde está. A este respecto, os veciños de Montirón xa presentaron varios escritos ante o Concello de Lugo pedindo sinalización para a zona pero, polo de agora, “o silencio foi a única resposta que obtiveron”.

A falta de saneamento tamén afecta a varias vivendas de Montirón. Ángel Trabada asegura que “hai un grupo de vivendas” na que os veciños non teñen saneamento, polo que piden que o Concello realice esa intervención para dotalos dese servizo.

Aproveitando a visita ata Montiron, os concelleiros do Partido Popular realizaron unha revisión do barrio e constataron numerosas deficiencias. As rúas están sucias, situación que os veciños atribúen a que “os barrendeiros a pé xa non veñen polo barrio desde hai semanas”. Aseguran que “con sorte” pasa o camión barredor “cada 10 días” polo as follas das árbores e o lixo se amorean no chan. Tamén é preciso mellorar as zonas deportivas do barrio. Ángel Trabada explica que o campo de San Fiz “non é un campo de fútbol”. “Xa o denunciamos en numerosas ocasións. Parécese máis a un campo de patacas que a unha zona habilitada para xogar ao fútbol. As zonas de ocio de Montirón están esquecidas para o goberno local. Na pista polideportiva desapareceu unha portería e non se repuxo e as canastras de baloncesto poden caer en calquer momento”, asegurou o concelleiro popular.

O mobiliario urbano tamén é outra das eivas de Montirón. Os veciños aseguran que roubaron varios bancos que empregaba a xente maior para descansar dos longos paseos que dan pola zona de San Fiz e, desde que desapareceron, non se repuxeron, a pesar das reiteradas peticións dos veciños para que se colocaran outros bancos.

Ademais, problemas como carreiras ilegais de coches polas noites, vexetación que medra dun xeito descontrolado en diferentes solares, árbores que invaden as rúas, rúas e pasos de peóns sen pintar… “numerosas intervencións de maior ou menor calada” que segundo Ángel Trabada se poderían solventar “cun pouco de vontade política” para evitar molestias aos veciños.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies