El concejal del Grupo Municipal del PP Ángel Trabada aseguró que los populares remitirán un ruego a la comisión para mejorar las características de esta pista, que hace varios años fue objeto de mejoras por parte del Concello, unos trabajos que no solucionaron los problemas existentes ya que se puede comprobar como en poco tiempo el estado de la misma “es de nuevo nefasto” por lo que urge la mejora del pavimento
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, pediu o “arranxo inmediato” da pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, unha pista que se atopa “en moi mal estado” e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo.
O concelleiro popular explica que o Concello xa realizou unha actuación nesta pista hai uns anos, unha intervención “que non se axeitou ás deficiencias” que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade “é nefasto”. Neste senso, os populares presentarán un rogo en comisión para que se arranxe o firme desta pista e se realicen outras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquer accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.
Outra intervención que habería que realizar é unha canalización para unha corrente de auga que procede dunha finca e que sae a esta pista, “producindo un desgaste continuo do firme”, polo que o concelleiro popular pide que se coloque unha tubaxe e unha rejilla para facilitar a evacuación da auga e evitar así danos á pista.
Ángel Trabada tamén considera necesario a colocación dun espello no cruce desta pista coa rúa Camiño do Souto xa que a visibilidade “é moi limitada” e os vehículos teñen que asomarse moito para comprobar se vén algún vehículo ou non para poder incorporarse a esta vía. “Coa colocación dun espello no cruce se evitaría calquer tipo de risco para os condutores, xa que na actualidade non hai visibilidade para que se incorporen con total seguridade a esta rúa”, explicou o popular.