Servicios sociales

El PP pide un proyecto de reforma de los Servicios Sociales para evitar los retrasos de hasta 60 días en dar citas en Lugo

By 26 diciembre, 2017No Comments

El Grupo Popular presenta una iniciativa al pleno de este jueves con “5 medidas concretas para cambiar el rumbo de la planificación y organización de este departamento anclado en un sistema de trabajo diseñado hace 15 anos”

O Grupo Popular afirma que a desorganización dos servizos sociais municipais pasa factura aos usuarios e, como exemplo deste caos, a concelleira popular Mari Teijeiro denunciou que as citas dos usuarios están sufrindo demoras de ata 2 meses.

A concelleira popular Mari Teijeiro puntualizou que “un dos motivos do descontrol que hai neste departamento” é que se rixe por un sistema de de hai 15 anos que “é preciso actualizar de forma urxente”, un proceso no que deben participar a dirección e os tecnicos. Co ánimo de que o goberno local impulse un proxecto de reforma dos Servizos Sociais de Lugo e que haxa cambios na súa planificación o Grupo Popular presentará, para o vindeiro pleno do 28 de decembro, unha iniciativa con 5 medidas moi concretas.

Primeiro, é preciso modernizar o sistema poñendo en marcha o traballo en rede “é un atraso maiúsculo que, a estas alturas, os Servizos Sociais de Lugo non conten cun programa informático acorde aos tempos que favoreza a axilidade na xestión e facilite o acceso dos técnicos á información das traballadoras sociais”.

A segunda medida sería crear un grupo de traballo para cambiar o rumbo da planificación e a organización dos Servizos Sociais “neste equipo habería que contar cos propios traballadores sociais así como con outros técnicos deste departamento como son os animadores socioculturais e os educadores sociais, uns profesionais que para os socialistas non contan como parte dos equipos”.

Teijeiro manifestou que “é importante contar cunha boa coordinación” polo que avoga por recuperar as reunións mensuais que se suprimiron de forma unilateral polos socialistas, e que en estas “participen todos os profesionais que interveñen nos servizos sociais municipais para unha verdadeira intervención interdisciplinar”.

A terceira liña de acción que propoñen dende o Grupo Popular é “o reforzo dos servizos sociais con apoio técnico e administrativo” para desconxestionar, dunha vez por todas, os retrasos na atención aos cidadáns. “Neste momento os traballadores sociais están realizando tarefas burocráticas que lles restan tempo para a xestión de recursos e atención das necesidades  diarias”. Os populares admiten que o actual sistema organizativo sobrecarga o labor das traballadoras/es sociais con situación como o encargo de xestión do programa de atención a transeúntes á unha soa Unidade de Traballo Social a maiores da ratio de atención que lle corresponde por zona, as traballadoras sociais tamén asumen “tarefas impropias” como é o cálculo de taxas do SAF ou a  tramitación da xustificación das axudas de emerxencia social que en outros concellos non é preciso ao funcionar con formulas de xestión mais avanzadas .

A popular asegura que se pode mellorar moito a atención en Servizos Sociais e incrementar a calidade das prestacións que son propias dun modelo moderno e eficaz de intervención social. Teijeiro suxire que, por exemplo, se realicen convocatorias de axudas de forma periódicas ou anuais coas que se evitaría o exceso de traballo que lles supón a tramitación destas achegas ou que se faga unha reestructuración no persoal e se reforcen os servizos sociais con apoio administrativo.

A cuarta medida é relativa a crear un sistema áxil e efectivo para a substitución de profesionais e que as súas baixas laborais ou periodos vacacionais non causen saturación doutros compañeiros. Teijeiro tildou de inconcebible que, por exemplo, a baixa laboral do Traballador social do centro de Fingoi tardara máis dun mes en cobrirse o que supoxo unha sobrecarga de traballo en Maruja Mallo “o servizo funciona grazas ao esforzo e a vontade dos e das traballadoras” ao que engadiu que “hai que lembrar tamen que esa sobrecarga non é compensada na mesma forma en que se compesa a outros tecnicos”.

Por último, na iniciativa que se someterá a pleno a edil insta a desenvolver cantas accións sexan precisas para adaptar o funcionamento dos Servizos Sociais e respostar ás novas esixencias sociais que xorden en base ás necesidades e demandas da sociedade.

Este problema non se palía con inxectar cartos nos orzamentos “non servirán para nada se non existe unha boa planificación e organización que cumpra as expectativas de cobertura ás necesidades dos seus usuarios” resumía a popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies