Personal

El PP pide la supresión “del puesto a dedo” de la Dirección General de Recursos Humanos que nos lleva costado más de 100.000€ para no resolver nada

By 24 diciembre, 2017diciembre 26th, 2017No Comments

El portavoz municipal del Grupo Popular Antonio Ameijide anunció que elevarán una iniciativa al pleno de enero para “que se suspenda y anule el acuerdo aprobado por socialistas, Lugonovo y Ciudadanos en junio de 2016 por el que se creaba este órgano”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide anunciou que no pleno ordinario de xaneiro pedirá a supresión da Dirección Xeral de Recursos Humanos creado en xuño de 2016. O popular explicou que o seu grupo adopta esta decisión logo de escoitar hoxe as explicacións da funcionaria con respecto ao cumprimento dos obxectivos inherentes ao seu cargo.

“Hoxe se ratifican as nosas sospeitas e vimos de confirmar o que nos temíamos, que a Dirección Xeral de Recursos Humanos foi un posto político que se creou para designalo a dedo, e que o único que supón é unha duplicidade de funcións porque se lle enconmendan cuestións que son competencia da Xefatura de persoal” puntualizou Ameijide.

O voceiro popular explicou que “a Dirección Xeral de Recursos Humanos nos leva custado xa case 103.000 € sen xustificar realmente a súa necesidade”. Ameijide aclarou que na comparecencia da comisión de desenvolvemento,  que hoxe forzamos, quedou en evidencia que “se incumpriron os obxectivos fixados”.

O popular lembrou como no pleno do pasado 30 de xuño, onde se creou este cargo, tamén se fixaron as súas funcións “marcáronlle once puntos para impulsar e, ano e medio despois, só cumpriu a medias un olvidándose do 95% das súas compentencias. “Non podemos seguir pagando e mantendo un posto político directivo que incumpre sistemáticamente co seu traballo” matizando que tendo en conta que “o persoal directivo está suxeito a avaliación con arreglo aos criterios de eficiencia e eficacia e que o control de resultados deste cargo é un fiasco pediremos a súa supresión”.

Os populares recalcan que non hai avances na RPT, nin nas ofertas de emprego público, nin na provisión de postos de traballo mediante convocatoria de concursos, nin a creación dun portal do empregado público, nin na actualización dos regulamentos e convenios en materia de persoal e nin tan sequera no control e coordinación das productividades e gratificacións.

Na proposición que se elevará a pleno os populares reclamarán, ademáis da supresión deste cargo, a suspensión e a anulación do acordo ratificado polos concelleiros socialistas, os de Lugonovo e Cidadáns  que teña efectos dende que se dicta, é dicir, que sexa de aplicación inmediata. Antonio Ameijide subliñou que “este posto foi creado como panacea para desbloquear os principais asuntos de persoal que hai no Concello e, finalmente, para o único que serviu foi para avivar a maior confrontación laboral vivida nesta administración local”.

O popular lembrou que a persoa que ocupa este posto directivo era  a antiga asesora xurídica do Concello cuxa designación motivou a imputación da alcaldesa por malversación de fondos. Hai que recordar que Lara Méndez retrasou o seu cese como letrada asesora cando había unha sentenza do TSXG que lle ordenaba que fose antes de maio de 2016 e ela non o ordenou ata xullo do mesmo ano”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies