El concejal Ángel Trabada afirma que con la nueva dotación se solucionarían los problemas para pernoctar que tienen los autocaravanistas que se acercan a la ciudad, coincidiendo con las fiestas más turísticas del municipio, ya que “el área situada en la explanada del pabellón de los deportes no está operativa en esas fechas porque la ocupa el circo romano, en el Arde Lucus, o las barracas de las patronales en San Froilán”
O Partido Popular propón a creación en Lugo da segunda área aparcamento para autocaravanas. O concelleiro popular Ángel Trabada afirma que “é necesario ampliar a oferta no municipio para atraer a un tipo de turismo que cada vez ten máis seguidores”.
O concelleiro popular manifestou que “no caso de Lugo urxe habilitar este novo espazo xa que a única zona reservada para autocaravanas, xunto á esplanada do Pavillón Municipal dos deportes, non se pode utilizar coincidindo co Arde Lucus e o San Froilán”. Trabada explicou que, durante estas datas, esta zona non está operativa porque neste espazo se celebra o circo Romano ou está ocupada polas barracas co que moitos vehículos aparcan noutras localizacións sen servizos como ao Paseo do Miño á altura da Ponte Romana”.
Ángel Trabada insiste en que é moi negativo para imaxe de Lugo que “deixar fóra de xogo aos turistas que viaxan en autocaravana sen dárlles unha alternativa para pernoctar nas dúas celebracións máis turísticas do municipio”. O edil do PP insiste “en que se nesta época hai unha gran demanda de usuarios deste servizo e que hai que ofrecer unha solución”.
O edil do PP afirma que “independentemente da gran demanda de usuarios desta modalidade turística, durante estas dúas celebracións, os socialistas deberían pensar en consolidar este tipo de visitante indicando que concellos limítrofes como o de Castro de Rei xa conta con dúas áreas de aparcamento de autocaravanas” apuntando que “as expectativas de crecemento neste sector, que en 2018, son dun 30%”.
Trabada afirma que a petición, que formula aos socialistas, vén avalada pola Asociación Galega de Autocaravanas que incluso aporta posibles ubicacións para este novo aparcamento de autocaravanas como podería ser “os arredores da superficie comercial de As Samasas. Trabada explicou que esta ubicación “só precisaría unha toma de auga potable e unha zona de vaciado de augas grises e negras conectada ao alcantarillado”. “Este novo aparcamento xunto á esplanada existente á beira do pabellón dos deportes do Palomar, xa conta con luz e saneamento” detallou o concelleiro popular.
O popular explicou que “estamos falando de instalacións de baixo custe e cun baixo impacto visual”. Os elementos mínimos que ten que unha área de aparcamento son unha plataforma de 3×7 metros aproximadamente, unha arqueta conectada a rede de sumidoiros, unha billa para o subministro de auga potable, paneis informativos tanto da área en concreto como dos recursos da zona e colectores de recollida de lixo. Tamén hai que facer unha reserva de prazas de aparcamento.
O popular tamén reclamou ao Concello que elabore unha ordenanza reguladora de estacionamento e pernocta de vehículos vivenda para controlar aspectos como o tempo máximo de pernocta, rexistro de viaxeiros, control de ruído ou ocupación de espacio público … etc
Con respecto á actual zona de aparcamento o popular solicita que se mellore a sinalización para localizar esta área xa que só hai dous sinais na rúa Santiago e que se cambie o panel informativo que está moi deteriorado.