Medio Ambiente

O PP pídelle a Lara Méndez que “aclare dunha vez” onde quere a praia fluvial

By 8 abril, 2018abril 9th, 2018No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma que na documentación presentada o 20 de marzo de 2018 pola rexedora lucense modificouse a ubicación da praia fluvial e se desprazou a unha zona que se atopa a case 800 metros do lugar que escolleu o PSOE o ano pasado (3 de abril de 2017)

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou os bandazos que seguen a dar Lara Méndez xa que “está a poñer en perigo” os proxectos municipais. O popular refírese ao troco de ubicación que lle deu Lara Méndez á praia fluvial con respecto ao ano 2017, xa que no proxecto presentado para este verán a localización da mesma se atopa a case 800 metros da anterior localización.

Antonio Ameijide pídelle a Lara Méndez que aclare “onde quere ubicar” a praia fluvial para Lugo xa que a proposta que remitiron á Confederación Hidrográfica o 3 de abril de 2017, que é a que se está a tramitar, é diferente da documentación que remitiron o 20 de marzo de 2018 (denominado Proposta de instalación de infraestruturas para praia fluvial no Río Miño).

O voceiro popular asegura que na documentación que rexistraron agora os socialistas, presentada a petición dun informe da Xunta na que lles pedían completar a documentación que non presentaron no seu momento, “nos atopamos con que cambian de raíz” a localización da praia fluvial, algo que “pode afectar totalmente” aos trámites administrativos xa realizados “e que levaron un ano de traballo”. “Agardamos que non se tire por terra todo o traballo administrativo xa realizado”, afirmou o popular.

O popular refírese a que o 12 xuño de 2017 publicouse no BOP o proxecto da praia fluvial presentado polo Concello de Lugo para competencia de proxectos por se había algún outro proxecto que se desexaba ubicar na mesma zona, co conseguinte risco de que entraran en conflito.

Antonio Ameijide reprocha a Lara Méndez que esta é unha nova mostra de que a alcaldesa non ten capacidade para dirixir o Concello de Lugo e que é unha rexedora que actúa por impulsos, “totalmente carente dun proxecto de cidade”.

Para Ameijide a historia da praia fluvial é a crónica da parálise burocrática que caracteriza o mandato de Méndez explicando que “o primeiro retraso foi solicitar a autorización de zona de baño só para o 2017; o segundo retraso de dous meses foi  por tardar un mes en pagar 22€ da publicación do anuncio de competencia de peticións no BOP e, agora, o terceiro retraso vén motivado porque presentaron un proxecto incompleto”. “A alcaldesa dende o principio plantexou mal a tramitación desoíndo a petición que fixemos dende o PP para que completase e incorporase novos datos e documentos”, demostrando “a total desorganización” que se vive dentro do equipo de goberno socialista.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies