El portavoz popular Antonio Ameijide lamenta que “a lo largo de estes dos años de mandato de Lara Méndez se repitan las actitudes prepotentes que frenan la participación” criticando que el programa se da a conocer 14 días antes de la apertura del recinto ferial de San Froilán
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide e os concelleiros Encarna Amigo e Ángel Trabada veñen de abandonar a reunión da Comisión de Festas do San Froilán en sinal de protesta pola forma coa que a concelleira de cultura está a dirixir este organismo. Ameijide explicou que plantaron esta mañá a Comisión para visualizar “o malestar do seu grupo pola forma coa que se está dando a coñecer o cartel de concertos” referíndose a que “nos enteramos polos medios de comunicación das actuacións cando xa están pechadas”.
O voceiro dos populares salientou que hoxe “in extremis” nos convocaron unhas horas antes que aos medios de comunicación, para presentarnos a programación e “non podemos admitir este ninguneo” declarou. “É unha hipocresía que nos xunten para enumerar un programa que podemos ler nos medios casi en tempo real” reflexionou.
O popular explicou que o goberno local “de forma sistematica ningunea aos grupos da oposición” indicando que se os socialistas tivesen un interese real de facer unha festas de todos “deberían mudar o sistema de traballo e facelo moito máis aberto e participativo”. Para os populares o funcionamento desta comisión está viciado por malos hábitos e como consecuencia “actuacións que deberían ser unha excepción convértense en algo habitual”.
Ameijide destacou que “todas as propostas que o PP presentou a Comisión como traer a Lugo algunha actuación de tirón, planificar e pechar como máximo en xullo todo o programa para poder difundilo así como organizar algún evento deportivo de calado …todas elas caeron en saco roto”.
Casetas polbo .- O voceiro popular Antonio Ameijide tamén ironizou coa data do ano 2020 que a alcaldesa se fixa para incluir novas cláusulas no prego de condicións para a adxudicación das casetas do polbo. Os populares acusan ao PSOE de ser eles os que fomentan a situación que se vive estes días previos á celebración das festas con renuncias de determinados empresarios para facerse coas casetas do polbo a prezos máis baixos.
Ameijide afirma que unha vez máis “a alcaldesa que creou o problema, dá por feito, con este prognóstico, que é incapaz e non ten ganas de solucionalo neste mandato. Está claro que non ten intención de dárlle unha solución e que terán que ser outros os que enderecen esta situación que tanto perxudica á recadación municipal e á imaxe do principal reclamo gastronómico do San Froilán”. O voceiro do PP lembraba que os socialistas manifestaron no seu día que se actuara de forma axeitada algo que contradí a afirmación de Lara Méndez de cambiar os pregos de condicións.
Dende o Partido Popular insisten en que os pregos de condicións estaban mal plantexados e que a contratación que se fixo en 2016 debería contemplar que as empresas que se presentasen á subasta tivesen “un mínimo de experiencia hosteleira e que o caldeiro e a caseta se adxudicase de forma conxunta e sempre evitando adxudicar máis dunha caseta e caldeiro a cada empresa para garantir a calidade e a competencia”. Os populares tamén advertiron que para que non haxa especulación “se debería incluir unha cláusula para que aquelas firmas que se presenten asuman unha mínima responsabilidade, establecendo unha garantía provisional de ata o 5% do orzamento da licitación, con penalizacións en caso de non cumprir as ofertas ou renunciar a elas”.