Personaltransparencia

El PP presenta un recurso de reposición para anular el nombramiento a dedo del Director General de Recursos Humanos

By 1 junio, 2018junio 4th, 2018No Comments

El portavoz popular Antonio Ameijide da este paso después de que la alcaldesa reconociese en pleno “que incumplió, a sabiendas, el acuerdo que suprimía este puesto político y confirmó  que designó a este cargo, que cobra más de 5.000 €/mes, sin ningún tipo de procedimiento selectivo, sin publicidad y, sin permitir la concurrencia de más aspirantes”

O Partido Popular vén de presentar un recurso de reposición por vía administrativa contra a decisión da alcaldesa de nomear “sen ningún tipo de publicidade e concurrencia ao último Director de Recursos Humanos”. Antonio Ameijide explicou que con este trámite queren pór de manifesto que “esta dirección xeral é innecesaria e ilegal” insistindo en que a alcaldesa “podería estar incurrindo nunha presunta prevaricación e malversación de fondos públicos ao tomar esta decisión”.

“O recurso de reposición que debe resolver a Xunta de Goberno local é un paso previo a emprender accións xudiciais se así se estimase oportuno e fose necesario”, aclarou Ameijide.

O Grupo Popular, dende o minuto un, puxo no punto de mira este cargo denunciando “o oscurantismo do nomeamento deste posto político”  e asegurando “que se fixo unha praza a medida que nos custa 5.000 euros ao mes aos lucenses”. “Levamos gastado 120.000 € pola dirección xeral e ata o de agora só serviron para pagar a amigos da alcaldesa”.

Ameijide dixo que as explicacións de onte do pleno confirmaron que “o PSOE fai unha lectura inapropiada e sesgada” acerca do proceso que  non contempla todas as normativas complementarias. A alcaldesa esgrimía unha lei que non era a adecuada, de feito os Tribunais Superiores de Xustiza  emplega outras normativas que Lara Méndez despreza.

O voceiro popular apuntaba que existen precedentes noutros concellos de España (Granada e Las Palmas) nos que se anulan os nomeamentos dos seus respectivos Directores Xerais porque o proceso selectivo que se utilizou para cubrir os postos non xustificaban adecuadamente  eximir a necesidade de ser funcionario. “O Concello de Lugo non só non se xustifica adecuadamente que non sexa funcionario, senon que directamente non houbo ningún proceso de selección, publicidade e concurrencia para cobrir o posto, o que fixeron foi a cacicada de coller a unha persoa afín directamente” reflexionou.

 

Horas extraordinarias

O voceiro do Grupo Popular desvelou que no que vai de ano se pasaron no Concello de Lugo un total de 9.602 horas extraordinarias que supoñen un importe duns 135.091,40€”. O Partido Popular indicou que o descontrol chega a tal punto que existen informes negativos que bloquean os pagos dos servizos prestados de forma extraordinaria neste 2018, e a maiores a inmensa maioría do último trimestre están sen aboar. “Esta situación reforza que estamos diante dun goberno moroso que nin paga a proveedores, ni paga aos funcionarios” subliñou.

Ameijide resumiu a situación de personal que se vive en Lugo é froito da mala planificación dos recursos humanos do Concello,  que non se executa a oferta de emprego público e o desmantelamento sistemático de servizos.

Ao fío da prestación de servizos extraordinarios Antonio Ameijide tamén valorou a sentenza que vén de anular a modificación e maila contía dos importes das horas extras municipais e que “supón un varapau máis á política de persoal do PSOE xa que a suba foi plantexada pola anterior Directora Xeral de Recursos Humanos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies