El portavoz del Grupo Popular Antonio Ameijide asegura que el desgobierno de Lara Méndez desprestigia, cada día más, a la administración local y deteriora la imagen de sus trabajadores por lo que pide que se implante esta herramienta para cambiar esta idea preconcebida
O Partido Popular propón deseñar un Plan de Comunicación Interno para mellorar o funcionamento do Concello. O voceiro popular Antonio Ameijide asegura que “o caos que se vive en Lugo, a conta da falta de dirección política de Lara Méndez, desprestixia cada día máis á administración local deteriorando a imaxe dos seus traballadores e da propia institución”. “Por este motivo cremos que é necesario se implante esta ferramenta para que o Concello recupere o seu prestixio de cara á cidadanía ”.
Os populares explican que a distribución dos 700 traballadores municipais nos 133 centros de traballo non favorece a comunicación entre os empregados e a propia dirección do Concello matizando que “este marco propicia a dificultade primeiro, de identificar as persoas dos diferentes departamentos e, segundo, provoca situacións de desinformación que derivan en desmotivación e falta de implicación dos traballadores”.
O voceiro popular afirma que “o deseño deste plan de comunicación traducirase na mellora da eficiencia da organización xa que grazas á correcta transmisión de información o equipo humano sentirase máis integrado aumentando a motivación e o compromiso”. Antonio Ameijide indicou que con este modelo de traballo, no que a información circula de xeito bidireccional, se conseguirá mellorar a rendibilidade e acadar obxectivos concretos en situacións de cambio ou conflictivas.
O Plan de Comunicación Interna que propón o PP podería dividirse en tres bloques fundamentais de actuación: a creación dunha nova identidade corporativa, escoita activa dos traballadores, e a ampliación e mellora das canles de comunicación, todo elo coa finalidade de incrementar o sentimento de pertenza á organización.
O popular puxo un exemplo de déficit de comunicación interna como é o caso da Intranet que no Concello de Lugo é moi básico indicando que funciona para comunicar notificaciones sen ofrecer nada máis. Ameijide explica que se podería utilizar para “comunicar información sobre formación, fomentar a participación, traslado de queixas ou suxestións para mellorar o sistema…”.
O popular tamén explicou que a curto prazo habería que establecer un Plan de acollida para que os novos empregados que se incorporen ao cadro de persoal se familiaricen coa imaxe, os valores, misión e obxectivos da entidade.