Los populares lamentan “la constante falta de claridad de los socialistas en los procesos de contrataciones, los reiterados incumplimentos de los acuerdos de pleno; el hecho de apartar a los grupos políticos de las mesas de contratación y juntas de gobierno” aclarando “que todo contribuye al detrimento del buen funcionamiento de la administración”
O Grupo Popular denuncia o oscurantismo do equipo de goberno local que negou o acceso ao calendario anual que elaborou o servizo de contratación e no que se especifica a data de finalización dos contratos ou das súas posibles prórrogas. Os populares solicitaron, con data de 18 de setembro de 2017, unha copia do devandito calendario, recibindo o 28 de setembro a instancia da Concelleira Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económica resposta negativa da solicitude. O voceiro popular acusa aos socialistas de incumprir os principios de Bo Goberno establecidos na Lei 19/2013 de 19 de decembro, de transparencia, acceso de información pública e bo goberno lamentando “a opacidade da que fan gala de forma reiterada no tocante á externalización dos servizos”.
Antonio Ameijide preguntase cales son os motivos polos que os socialistas negan o acceso a este calendario e lembrou outras actuacións “cuestionables polo seu oscurantismo como son o feito de apartar aos Grupos Municipais das mesas de contratacións e das xuntas de compras así como os reiterados incumprimentos plenarios sobre esta materia” en relación á situación irregular dos servizos que se están prestando por empresas sen contrato. “Ao explusarnos das mesas coartan o acceso á información” matizou.
Os populares aclaran que “en todo este proceso os Grupos da oposición xogan un papel importante debido o labor de control e fiscalización que exercen sobre o equipo de goberno co fin precisamente de preservar a devandita transparencia”.
Nese senso dende o Grupo Popular presentan unha proposición de pleno solicitando que se remita de forma inmediata a todos os Grupos unha copia do calendario anual elaborado polo Servizo de Contratación, no que se recolle a data de finalización dos contratos e das súas prórrogas. Tamén reclaman que se dé cumprimento ao acordo plenario adoptado o 29 de outubro de 2015, relativo á licitación de todos os servizos que actualmente se están a prestar por empresas sen contrato no Concello. Neste acordo tamén se puntualizaba que se debían iniciar os expedientes de remunicipalización dos servizos que puidesen acollerse a esta fórmula e por último reiterar que os grupos políticos que constitúen a corporación formen parte das mesas de contratación con voz e sen voto.
Os populares conclúen que “hai un déficit importante de transparencia en numerosos eidos” lembrando como tamén “se incumpre a a Lei de transparencia no tocante a publicación de datos na páxina web: non publicitan mensualmente os datos referidos ao pago medio a proveedores dende xuño de 2016; tampouco hai datos das contas xerais do ano pasado, nin información de contratos dende o 2015”.
O voceiro popular asegura que esta denuncia non só a puxo sobre a mesa o Partido Popular matizando que “no último informe de transparencia municipal, que realiza Transparency International e que se deu a coñecer o pasado mes de xullo, se advirte que o Concello de Lugo descendeu 10 postos en tres anos e perdeu máis de medio punto”.