La concejala popular Encarna Amigo propone que “para el San Froilán se desarrolle un proyecto conjunto para decorar con ilustraciones, fotografías o poemas estes elementos que, en la mayoría de los casos, están con pintadas, abandonados y en mal estado”
A concelleira do Grupo Popular Encarna Amigo proporá ao goberno local, de cara á celebración do vindeiro San Froilán, poña en marcha un proxecto de arte na rúa que mellore a imaxe da cidade, en especial, do casco histórico. A edil do PP explicou que a idea é utilizar as caixas eléctricas ou de tráfico que están esparexidas polo casco histórico como soporte para a obra de artistas lucenses xa que “moitos destes elementos están situados nas inmediacións dos tres bens patrimonio da humanidade e se atopan sucios, en mal estado e cubertos por pintadas”.
O proxecto suporía abrir unha liña de colaboración coa Escola de Bellas Artes ou coas distintas academias de pintura e artistas individuais que estivesen interesados en participar nesta iniciativa. Unha vez perfilado o número de unidades sobre las que actuar e tendo, tamén, os artistas tamén seleccionados o goberno só tería que xestionar os permisos necesarios para poder utilizar estes elementos como soporte das obras de arte.
De forma paralela, a concelleira popular tamén pide ao goberno local que nos locais sen actividade, que hai no casco histórico e noutras zonas comerciais de Lugo, o Concello faga de intermediario cos propietarios para utilizar os escaparates como soporte para colocar a programación das festas ou expor vinilos ou fotografías de elementos identificativos do municipio como son a Muralla, o Camiño Primitivo e a Catedral.
A popular suxire que o Concello promova axudas directas ou incentivos fiscais para aqueles propietarios interesados en ceder, de forma provisional, o uso dos seus escaparates para colocar elementos promocionais de Lugo. Amigo explicou que hai casos nos que estes locais presentan un aspecto deplorable xa que son pasto habitual de pintadas, carteles ou pegatinas restando valor non só ao espazo urbano senon tamén aos comercios colindantes. “O que propoñemos é unha cesión temporal dos escaparates que permitirán embelecer os locais pechados e mantelo en boas condicións de seguridade, salubridade e seguridade e ornato público” matizou Encarna Amigo. Con esta iniciativa, que non ten custe algún para os comerciantes, se renovaría a estética destes escaparates baleiros ademáis de mellorar a imaxen en xeral das rúas da cidade.
Nese senso, a popular tamén suxeríu a posibilidade de establecer unha ordenanza municipal na que se obrigue aos propietarios de zonas comerciais a mantelos limpos e coidados.