#LugoaExameCultura

El PP propone un plan de dinamización del Camino para que Lugo sea un referente no Año Santo 2021

By 18 abril, 2018abril 19th, 2018No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Ángel Trabada propone actuaciones en el tramo urbano del Camino Primitivo a su paso por Lugo para paliar la mala imagen que transmite a los peregrinos por la suciedad y la maleza, el feísmo y la falta de señalización

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, lamenta o abandono ao que os socialistas someten ao treito urbán do Camiño Primitivo na cidade, polo que os populares propoñen un plan de dinamización do Camiño para que Lugo sexa unha referencia no ano Xacobeo 2021. O concelleiro popular realizou un chequeo do Camiño ao seu paso pola cidade, dentro da campaña de denuncia #LugoaExame que realizan os populares.

Ángel Trabada denuncia a mala imaxe que Lugo transmite aos peregrinos “no seu treito urbán”, onde a suciedade, a falta de señalización, a presenza de maleza e unha falta total de humanización son as “tristres protagonistas” do percorrido xunto aos peregrinos.

O popular pon de manifesto que na entrada á cidade por San Eufrasio ata a Ronda das Fontiñas os peregrinos se atopan cun gran muro que forma parte dunhas escaleiras. Trabada pide aos socialistas “sensibilidade” para humanizar este treito xa que se podería realizar un graffitti ou algo semellante para dar vida a ese muro con referencias ao Camiño de Santiago.

Cando os peregrinos se adentran na cidade se atopan cunha falta total de sinalización. Teñen que seguir a súa andaina pola Carril das Flores, pero a falta de sinalización fai que teñan moitos problemas para saber por onde teñen que seguir. Por iso, Ángel Trabada pide un reforzo na sinalización para facilitar aos peregrinos o camiño. Ademais, o popular recorda a “mala primeira imaxe” que os visitantes se levan da Muralla, xa que un solar cunha valla metálica e unha pasarela oxidada acompañan a un monumento que é Patrimonio da Humanidade.

No centro de Lugo o popular lamenta de novo a falta de sinalización. “Os peregrinos saben que teñen que subir pola Rúa San Pedro porque a Xunta de Galicia colocou indicadores no chan desta rúa, polo que poden continuar coa súa andaina”, afirmou o concelleiro popular.

E se a entrada na cidade é “terrorífica” a saída “non se queda atrás”. No barrio do Carme hai numerosos edificios abandonados con evidentes desperfectos, polo que “unha boa medida sería cubrir os mesmos con lonas decorativas” para mellorar a imaxe que levan os peregrinos.

A seguridade é outro dos puntos que terían que mellorar os socialistas. Cando os camiñantes chegan á Ronda do Carme se atopan con que teñen que cruzar varios carrís de circulación e unha mediana sen ningún paso de peóns próximo para darlle seguridade ao cruzar.

Mesma situación segundo baixan pola Calzada da Ponte, onde os vehículos comparten a rúa cos peóns, polo que “peonalizar ese treito sería unha solución que tamén daría seguridade aos veciños da zona”.

Por último, Ángel Trabada reclama ao goberno local que empregue para selar as credenciais dos peregrinos o selo que lle regalou o Partido Popular para ese fin e que nestes intres semella estar desaparecido en dependencias municipais, posto que non se emprega.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies