Los concejales del PP, Encarna Amigo y Ángel Trabada, presentaron una propuesta para que el Concello de Lugo convoque un concurso de ideas para diseñar un “elemento que visualice esta concentración de bienes declarados de interés mundial”
Os concelleiros do Grupo Popular presentaron unha proposta para que se sinalice, na Praza Pío XII, a confluencia dos tres patrimonios da humanidade. Encarna Amigo e Ángel Trabada explicaron que é “un luxo poder acceder dende un único punto aos tres patrimonios dunha cidade” e cren que “non podemos perder a oportunidade de difundir a riqueza que supón esta concentración de monumentos e bens declarados patrimonio mundial”.
Os populares suxiren que se organice un concurso de ideas para que se deseñe o elemento que promocionaría este punto que ben podería ser “unha escultura, un monolito… que represente a riqueza que podemos admirar neste enclave”. Os populares aclaran que “estamos falando dun lugar único do que podemos presumir e que debemos sinalizar” engadindo que tamén se podería acompañar dun tótem informativo dixital onde o viaxeiro poda buscar, de xeito doado, toda a información que pode necesitar para coñecer a Muralla, Catedral e Camiño Primitivo así como acceder a información gastronómica e de eventos programados polo Concello”.
Encarna Amigo e Ángel Trabada matizaron que “tendo en conta que nos últimos tempos temos un turista urbano moito máis definido, o primeiro servizo que debemos ofertar é unha información clara do producto que temos en Lugo”.
“De pouco sirve preservar o patrimonio se logo non somos capaces de sinalizalo para rentabilizar a nivel local a riqueza coa que contamos” reflexionaron os edis. Amigo e Trabada incluso suxeriron que se abra unha liña de acordos con hostaleiros, comerciantes e a Iglesia para, de cara ao futuro, abordar accións conxuntas e implicar a toda a sociedade nun programa de promoción dos 3 patrimonios da humanidade”.
Chequeo sinalización turística
Nese senso, e logo de facer un chequeo da sinalización existente os populares afirmaron que “é insuficiente, está mal conservada e desactualizada e, nalgúns casos, está mal conservada e pode provocar confusións”. Para os populares é preciso colocar un indicador que informe de onde está o punto de información nas inmediacións da Estación de tren e na estación de Autobuses, na Praza Maior ou mesmo na Praza Pío XII onde conflúen os tres bens declarados pola Unesco patrimonio mundial.
Tamén solicitan que se actualicen os paneis xa que en ningún dos que existen aparece o trazado do Camiño Primitivo ao seu paso polo casco urbano.