Medio Ambiente

El PP propone una batería de medidas para que Lugo sea una ciudad mas amigable con las mascotas

By 5 diciembre, 2017No Comments

La concejala popular Ana López Pombo presentará una iniciativa  en comisión para que el gobierno local inicie los trámites para adaptar la ordenanza de tenencia de animales a la nueva Ley galega de bienestar animal que entrará en vigor el próximo 3 de enero

A concelleira Ana López Pombo solicita que o goberno local “inicie os trámites para adaptar a Ordenanza Municipal sobre protección e Tenza de animais, que se aprobou no ano 2008, á Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia que entrará en vigor o vindeiro 3 de xaneiro”.

A edil do Partido Popular manifestou que “a un mes vista deberiamos estar xa traballando en modificar esta ordenanza” matizando que hai varias cuestións que “é urxente cambiar e que demostrarían que Lugo está á altura de ser unha cidade máis amigable cos animais de compañía”.

Os populares propoñen eliminar, do artigo 5 apartado f da ordenanza municipal, o punto relativo ás mutilacións dos animais de compañía por razóns estéticas.  Ana López Pombo explicou que “someter só por estética a unha operación quirúrxica as orellas ou rabos dun can está moi lonxe do que entendemos por benestar animal”. A popular indicou que segundo se recolle na Lei Galega está prohibido practicar mutilacións aos animais incluídas aquelas cuxa finalidade sexa par manter caracterísitcas estéticas ou raciais (Artículo 9, punto h Prohibiciones genéricas) e só permite estas operacións por cuestións sanitarias diagnosticadas

A concelleira do Partido Popular manifestou que no artigo 6 da ordenanza municipal sobre prohicións especiais hai varios aspectos que se deben revisar. No artículo 6, punto 1 se prohibe o acceso ao transporte público en Lugo pero dado que na nova Lei Galega non figura ningunha prohibición ao respecto, se  eliminamos este punto da normativa municipal, estariamos “permitindo que os animais de compañía puidesen viaxar nos autobuses urbanos coas mesmas medidas que están establecidas para pasear pola rúa, é dicir, controlados con correa e os perigosos, ademais con bozal”.

No punto 2 deste mesmo artigo tamén se prohibe a entrada en establecementos de hostalaría onde se fabriquen, manipulen, almacenen, transporten e vendan productos alimenticios. O que pedimos, dende o Grupo Popular, tomando como base o punto 4 do artigo 9 da Lei Galega, é incorporar a posibilidade de deixar a criterio dos propietarios dos hoteis, restaurantes  e outros establecementos do sector a entrada e permanencia de animais no seu interior. O único requisito é colocar un distintivo que identifique que se permite a entrada a animais de compañía.

López Pombo tamén insta a eliminar o punto 3 do artículo 12 da Ordenanza sobre a eutanasia de animais abandonados. Para a concelleira popular hai que suprimir a coletilla na que figura que cando non recollen un animal, pasado o prazo para recuperalo, se cede para a súa adopción ou se sacrifica. Precisamente na Lei Galega no seu artículo 14 punto 4 se deixa moi claro que  “non se poderá dar morte aos animais acollidos nun centro de recollida ou fogar de acollida temporal, con independencia do tempo transcorrido dende a súa entrada”.

Outros aspectos que hai que revisar contando coa nova lexislación que entrará en vigor o vindeiro día tres de xaneiro son os  cambios de titulariedad así como os prazos para recollida de animais abandonados polo seu propietario. “Todas estas propostas servirán para facer de lugo unha cidade máis amigable” resumiou López Pombo.

Por último, dende as filas populares reclaman unha campaña informativa para evitar o descontrol que hai no Concello de Lugo con respecto ao número de cans censados xa que “dos 15.200 identificados tan só hai 2.600 censados” explicou López Pombo. Ao mesmo tempo a popular insiste en que o goberno local debe intensificar a vixilancia e promover unha campaña de sensibilización para evitar que Lugo “esté minada de excrementos de cans”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies