El portavoz popular Antonio Ameijide afirma que para que la puesta en valor del recinto histórico sea real “debe existir una coordinación más sólida” instando al gobierno local a “deijar su política de victimismo y cooperar de forma real y con hechos en la rehabilitación del barrio”
O voceiro popular Antonio Ameijide anunciou que o seu grupo proporá a creación dunha comisión de seguimento para chequear as accións que se programen, dende distintas administracións, co obxeto de recuperar o casco histórico de Lugo e máis en concreto a zona da tinería.
“A revalorización deste espazo debe ser un dos eixos centrais da reactivación económica de Lugo” matizou o popular quen indicou que “esta comsión debe abrirse a todos os especialistas e colectivos implicados na súa reactivación”.
Antonio Ameijide lembrou que existe unha proposición de pleno para desenvolver un Plan de dinamización para o barrio e que “foi aprobada, malia contar co voto en contra dos socialistas, o pasado mes de xullo”. O voceiro popular insistiu en que “é necesario un acordo unánime de todos os grupos políticos para organizar os compromisos das diferentes administracións e entidades co obxecto de que sexa un programa cohesionado e que se calendaricen as diferentes actuacións, a medio e longo prazo, comprometendo aos distintos actores implicados”.
A xuizo dos populares “o goberno socialista, nos últimos anos, non estivo á altura á hora de apostar pola recuperación da Tinería preferindo utilizar a situación de abandono do barrio como arma arroxadiza contra outras administracións”. Nos últimos 18 anos os socialistas “nin incentivaron a rehabilitación, nin a creación de negocios na zona, e tampouco foron quen de levar a cabo unha política de rexeneración social axeitada e nin tan sequera foron capaz de realizar un mantemento adecuado do aseo urbano da zona” reflexiouno o voceiro popular. Para Ameijide a proba que corrobora que “en vez de preocuparse polo barrio buscan utilizalo como disculpa para a confrontación é o rexeitamento do PSOE á proposición que o PP levou ao pleno en xullo para poñer en marcha un Plan de Dinamización do barrio”.
A estas dúas iniciativas que presentou o Partido Popular hai que sumar tamén a petición para que o goberno local elabore un Manual Práctico que poña en valor o casco histórico profundizando en tres liñas: “establecer criterios de deseño urbano; elaborar un catálogo de mobiliario e materiais admisibles e, por último, un estudo de cor en fachadas que sirva de base para a Ordenanza de Cor”.
Antonio Ameijide reflexionou sobre a idea de que “se aspiramos a que o recinto amurallado sexa declarado Patrimonio da Humanidade hai que mellorar a estética, a seguridade, a habitabilidade e a funcionalidade dos espazos públicos hai que tender cara a un modelo que embelezca e poña en valor o noso patrimonio evitando actuacións que distorsionen a paisaxe urbana”.
O popular aproveitou esta comparecencia para lembrar o compromiso da Xunta de Galicia na recuperación do barrio indicando como nos últimos meses se intensificaron as iniciativas e investimentos para a súa posta en valor. Ameijide lembrou como recentemente saíu a licitación a obra de Tinería, 15 para un total de 5 vivendas, por un importe de 815.270€, unha actuación que non se limita a rehabilitar o edificio actual, senón tamén a amplialo e urbanizar o espazo contiguo. Por certo neste espazo a Xunta licitou a rehabilitación a un prezo por metro cadrado inferior nun 50% ás licitadas pola consellería de vivenda durante o bipartito. Daquela chegou a pagarse 1.969,17 euros por metro cadrado construído, mentres que hoxe se licita a un prezo de 997,76 euros por metro cadrado construído, aínda que o prezo que finalmente se pague será inferior a dita contía polas baixas que ofrezan as empresas que concorran á licitación
Está previsto igualmente a rehabilitación dos edificios Tinería, 30, Recanto do Miño, 11-13 e Recanto do Miño, 17 para un total de 4 vivendas. Os proxectos atópanse en fase de licitación e pendentes dous deles da obtención da licenza municipal.
En relación ao PERI da Unidade de Intervención número 8 atópase aprobado o documento urbanístico e redactado o proxecto básico para 11 novas vivendas e 5 locais. Este espazo é o contiguo ao Pazo de Doña Urraca. Respecto deste edificio, está pendente de concretar o seu futuro uso, ben polo concello ou por outro organismo, xa que non se pode destinar a vivendas.
Polo que respecta á Unidade de Intervención 7, tras o hospital dos Ollos Grandes, estase a tramitar o documento urbanístico que se presentará no Concello pois foi necesario a súa readaptación á actual Lei do Solo. IGVS ten un aproveitamento aproximado nesta unidade de intervención, de 30 vivendas e 6 locais comerciais, que pode variar tras os estudos arqueolóxicos.