El portavoz popular Antonio Ameijide le pide la alcaldesa “que deje de ser el títere de los nacionalistas y sea valiente para dotar de armas normativas a la policía local para erradicar diferentes prácticas como el vandalismo, los daños al patrimonio, la venta ilegal en la calle …”
O Grupo Municipal do Partido Popular presentará unha proposición no vindeiro pleno para que a alcaldesa se pronuncie sobre “si está do lado dos que cumpren a lei, ou ben si está do lado dos gorrillas, okupas ou incívicos”.
O voceiro popular Antonio Ameijide censurou o cambio de opinión da alcaldesa de Lugo que vén de declarar que dá marcha atrás na elaboración dunha ordenanza que ofrece armas normativas á policía local para erradicar certas prácticas como son a prostitución na rúa, as extorsións dos gorrillas, o botellón ou os atentados contra o patrimonio”.
O voceiro popular explicou que “fronte aos bandazos e intentos frustrados que protagonizou o PSOE á hora de impulsar esta ordenanza cívica o PP, dende o minuto un, tivo moi clara a necesidade desta normativa”. Ameijide lembrou como, no ano 2016 conseguiu que se aprobase cos votos do PSOE (abstivéronse Cidadáns e voto en contra de BNG, Lugonovo e ACE EU) unha proposición de pleno relativa á creación dun plan específico e unha ordenanza para combater o problema dos gorrillas.
Á vista da renuncia de Méndez de elaborar esta ordenanza os populares lamentan a súa debilidade de Méndez “estamos diante dunha alcaldesa secuestrada pola esquerda radical e os nacionalistas”. O voceiro popular manifestou que este cambio de opinión responde a que “Lugo ten unha alcaldesa títere de dous de 25 concelleiros” acusándoa de que “prefira manterse á marxe para non molestar a algúns en vez de preocuparse e buscar solucións aos problemas reais da cidade e dunha maioría social”.
Os populares afirman que a retirada desta ordenanza é unha traizón aos moitos colectivos que demandaban contar cunha normativa para combater os comportamentos incívicos no noso municipio e nese senso avanzou que manterá reunións coa federación de comercio, asociacións veciñais e outros colectivos que manifestaron o seu apoio a esta ordenanza.