Servicios sociales

El PP reclama un mayor compromiso del gobierno local con las persoas con discapacidad

By 11 octubre, 2017No Comments

La concejala popular Mari Teijeiro critica la “falta de voluntad del gobierno socialista a la hora de poner en marcha un Plan Municipal que mejore las condiciones de empleabilidad de aquellos trabajadores con especiales dificultades para su inserción laboral”.

O Grupo Popular denuncia a falta de vontade do goberno socialista á hora de implantar no Concello un Plan Municipal de empregabilidade para persoas con discapacidade. A concelleira popular acusa aos socialistas de “descoidar a un colectivo que en Lugo supera os 10.000 persoas” insistindo en que “o goberno local ten, dende o pasado mes de abril, unha ferramenta de traballo que conta co respaldo da corporación”.

Teijeiro refírese ao Plan que o PP levou a pleno no que se contemplaban 4 liñas de actuación lamentando que “non deran nin un só paso para avanzar en ningunha das accións que se presentaron”.

A popular lembraba os puntos do acordo de pleno que consistían en:

  • Incluir nos orzamentos para 2018 unha partida para unha liña municipal de axudas que fomenten a contratación e adaptación de postos para as persoas con discapacidade
  • Favorecer a creación de postos de traballo de especial protección para traballadores con especiais dificultades na súa inserción (persoas con discapacidade intelectual, mental e discapacidade física en grao de 65%).
  • Maior control e mellora nas cláusulas de contratación do Concello de Lugo
  • A creación e desenvolvemento dunha política de intermediación entre o tecido empresarial e  social para a sensibilización, formación, concienciación e integración laboral das persoas con discapacidade. A popular suxire establecer convenios con Asociacións empresariais, CEL ou Universidade, entre outros abrindo o diálogo entre estas entidades e o tecido social.

Á vista do “pasotismo da administración local por impulsar medidas para a integración laboral de persoas con discapacidade” o Grupo Popular anuncia que pedirá explicacións aos socialistas da situación na que se atopa este programa e, nese senso, preguntará en Comisión “dos 663 traballadores municipais cantos traballadores teñen discapacidade e cantos teñen unha gran discapacidade?; cantos traballadores con discapacidade prestan servizo ao Concello a través de contratos externalizados a empresas? e cantas persoas con discapacidade se insertaron no mercado laboral a través do plan  de emprego municipal?”.

A popular insiste en que “o traballo é o mellor motivo para a superación dos problemas das persoas con especial dificultad que reclaman a súa autonomía para construir a súa propia identidade e ser parte activa da sociedade”.

“O obxectivo é incrementar as oportunidades de participación e acceso que podan traballar en función das necesidades que teñen en cada momento da súa vida: formación, adaptación do posto de traballo, cuotas de reserva de emprego, creación de cooperativas sociais e entornos de traballo encamiñados á inclusión social” reflexionou a popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies