El portavoz popular del Concello de Lugo, Antonio Ameijide junto con la diputada provincial Mari Teijeiro reclamó a los socialistas que “completen el cinturón verde de Lugo” y que “aprovechen la financiación europea del Muramiñae y los presupuestos municipales y provinciales para impulsar la red de sendas peatonales y de bicicletas utilizando el río Miño como vertebrador de este proyecto de acondicionamiento de espacios seguros de ocio, deporte y esparcimiento”
O Partido Popular critica que os socialistas desaproveiten os cursos fluviais do Miño e o Rato ao seu paso pola cidade para consolidar un gran parque periurbano continuo en Lugo.
O voceiro popular do Concello, Antonio Ameijide, e a deputada provincial Mari Teijeiro cuestionaron a xestión do PSOE en relación co impulso do anel verde de Lugo lamentando que “nos tres mandatos que leva o PSOE no goberno do Concello e na Deputación non fixo nin un só metro cadrado para completar e ampliar o cinto verde da cidade”. Os populares matizaron que “seguimos cos mesmos problemas de sempre: un trazado cortado á altura de Arias Nadela; problemas de mantemento dos camiños e o mobiliario; falta de iluminación; falta de ideas para crear zonas seguras para os ciclistas e os peóns …” .
O Plan estratéxico que propón o Partido Popular e que se presentará como iniciativa conxunta en Deputación e Concello contempla tres eixos baseados no río Miño como vertebrador de espacios seguros de ocio, deporte e esparcimento.
Primeiro.- Ampliar zona verde coa adquisición de terreos necesarios para completar e unir o paseo do Miño e o Rato.
Os populares queren saber cales son as xestións que realizou a alcaldesa de Lugo para completar os paseos do Miño e do Rato facendo de titulariedade municipal o tramo, duns 500 metros, situado fronte a Arias Nadela. Estamos falando de 39.000 m2 aproximadadmente que, na actualidade, presentan un estado selvático. A unión do Paseo do Rato e do Paseo do Miño fortalecería o anel verde de Lugo e permitiría aos usuarios facer un percorrido continuo.
Existen dous acordos plenarios, iniciativa do PP, nos que se instaba ao goberno socialista a iniciar as xestións oportunas cos propietarios das parcelas situadas entre o Paseo do Miño e do Rato para adquirir os terreos e completar o parque periurbano. Tamén se instaba a Deputación a conservación axeitada do sendeiro dende a desmbocadura do Rato ata a Fervenza ao longo do río Miño.
Segundo .– Creación dunha senda protexida para ciclistas e peóns e iluminación no Paseo de Ombreiro.-
Numerosos lucenses utilizan esta zona para a práctica de deporte a diario pero trátase dun percorrido perigoso pola velocidade coa que circulan os vehículos por esta vía que comunica Lugo con Ombreiro así como a falta de espazos para os peóns. A lonxitude do treito onde actuar é de 2.7 km metros co que se ampliarían as oportunidades para a práctica segura do ciclismo na nosa cidade.
Os populares tamén reclaman a iluminación deste tramo para poñer en valor esta zona e permitir o seu uso nun horario máis amplo xa que no inverno a partir das 19.00 horas, en moitos tramos, está a oscuras. A zona do Paseo de Ombreiro que discorre paralela á LU-P-2902, así como os tramos que están en penumbra do Paseo do Miño deben ser unha prioridade.
Terceiro.- Plan Estratéxico de mantemento e creación sendeiros biosaudables con paneis informativos
Tamén é necesario redobrar os esforzos para manter os camiños interiores e o mobiliario do parque periurbano en perfecto estado. Os populares reclaman que se homoxenice a cartelería así como as futuras adquisicións de mobiliario urbano que se instale en todo o cinto verde de Lugo independentemente que sexan responsabilidade da Deputación como do Concello.
Os populares propoñen sacar máis partido ao cinto verde de Lugo coa instalación de elementos para a práctica de diferentes modalidades deportivas, sendeirismo, e parques de exercicio ao aire libre.