Lugo en marcha

“Preséntome como candidato porque Lugo merece solucións para frenar o desgoberno e a parálise”

By 19 noviembre, 2018No Comments

O alcaldable do Partido Popular Ramón Carballo describiuse como “unha persoa de  palabra, de consenso, predecible e reflexiva” e tamén se definiu “como un home de partido” asegurando que presentarse como candidato á alcaldía de Lugo  foi unha decisión meditada e que o fai dende o convencemento de que é preciso un cambio de rumbo no Concello que “só se pode conseguir co traballo, a unidade, a experiencia e os afiliados dun partido como é o Partido Popular”.

Ramón Carballo recurriu ao refraneiro para anunciar a súa decisión “cada cousa ao seu tempo, hoxe chegou o día “D” e a hora “H” e aquí me presento ante todos vós coa máxima ilusión e gañas de ser o candidato do PP á alcaldía de Lugo. O alcaldable explicou que pón a disposición do Partido e dos lucenses a súa experiencia como xestor en diferentes administraciones públicas matizando que “a partir de hoxe me adicarei, en corpo e alma a esta etapa ilusionante”.

O alcaldable popular matizou que “non é home de promesas imposibles e improvisadas” e que fará “un traballo honesto e propostas sen ataques”. O alcaldable manifestou que asumía a responsabilidade de ser candidato co ánimo de que Lugo teña unha oportunidade de cambiar a folla de ruta que “de forma tan descompasada e desfinada tocan os socialistas”.

“Nesta cidade estudei dende os dez anos, aquí teño a miña familia e aquí tamén invertín  o froito do meu traballo. Carballo afirmou que “amo a esta cidade, amo a Lugo e estou convencido de que non a hai mellor. Ela mo deu todo e, polo tanto, eu tamén me sento en débeda con ela”.

Carballo dixo que a única receta para gañar á alcaldía é “ilusionar aos lucenses” engadindo que “queda moi pouco, oito meses para completar equipos e cerrar programa” engadido que  “o Partido Popular é un partido aberto  á sociedade, humilde e autocrítico pero tamén centrado porque así son tamén os lucenses”. O alcaldable popular asegurou que “representamos un partido gañador e que ten un proxecto para o Concello asi llelo trasladaremos á cidadanía”.

O candidato á alcaldía resumía en catro eixos o traballos a curto prazo destacando que se centrará en reforzar equipos mesturando a experiencia e a renovación para corrixir erros e profundizar nos acertos. Tamén avogou por escoitar aos veciños e defender as súas propostas. En terceiro lugar comprometeuse a manter unha presenza permanente nas 54 parroquias do rural e intensificar visitas nos barrios de Lugo. E por último subliñou que é necesario “explicar de forma clara e sen complexos o proxecto do Partido Popular”.

Durante a súa intervención o alcaldable do PP agradeceu a confianza do Presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo, tamén o apoio da Presidenta Provincial, Elena Candia e celebrou o a asistencia de centos de afiliados de base, diferentes cargos do partido así como de representantes de  entidades do tecido social e veciñal.

O candidato popular concluía a súa intervención facendo un repaso da situación que vive o Concello de Lugo tanto da amalgama de partidos de esquerda que impediron que o PP ocupase á alcaldía como das desfeitas do goberno socialista de Lara Méndez poñendo diferentes exemplos da parálise de xestión e dos seus erros máis sonados.

Pola súa banda a Presidenta do Partido Elena Candia destacou os valores do candidato do PP á alcaldía de quen salientou tanto a súa condición como home de partido, o seu talante e a súa experiencia como xestor “Ramón vai a por a funcionar o Concello de Lugo solucionando o caos e a parálise que hai no municipio”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies