ProposicionesSeguridad

Lugonovo, BNG y Ace rechazan apoyar y respaldar a las fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado como garantes del Estado de Derecho

By 26 octubre, 2017No Comments

Lugonovo, BNG y ACE rechazaron la proposicón del Partido Popular, que pese a todo se aprobó con los votos a favor de Partido Popular, PSOE y Ciudadanos, en apoyo a la Policía Nacional y Guardia Civil. El portavoz popular Antonio Ameijide recrimina la ambigüedad del PSOE que hasta el úlitmo minuto no clarificó su postura. En la proposición popular se incorporó una enmienda para equiparar el salario de estos agentes con el resto de los cuerpos autonómicos.Desde o pasado día 20 de setembro, data na que se ordenou por parte do Xulgado de Instrución nº 13 de Barcelona a práctica de dilixencias de entrada e rexistro en distintas consellerías e organismos técnicos da Generalitat de Cataluña, e ata o domingo 1 de outubro, día en que se tratou de celebrar o referendo ilegal prohibido polo Tribunal Constitucional, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado foron obxecto dun acoso constante coa finalidade de impedir aos seus axentes o lexítimo exercicio das súas funcións

Toda a sociedade española foi testemuña a través dos medios de comunicación do enorme clima de hostilidade e dos numerosos ataques que sufriron os membros da Policía Nacional e a Garda Civil polo simple feito de realizar o seu labor e defender o Estado de Dereito. Durante estes días, todos os cidadáns puideron ver como os manifestantes lles insultaron e mesmo agredido, como esnaquizaron os seus vehículos, como lles rodearon durante horas para bloquear as súas saídas, como informaron a través de medios de comunicación da Generalitat dos seus movementos dentro do territorio da Comunidade Autónoma catalá coa finalidade de delatarlles e sinalarlles. Feitos que motivaron que a Fiscalía da Audiencia Nacional presentase unha denuncia por sedición ao considerar que serían constitutivos deste e outros delitos.

Debe lembrarse que, no contexto descrito, o Goberno da Nación viuse obrigado a adoptar medidas con obxecto de garantir o cumprimento da Lei na Comunidade Autónoma de Cataluña en base ás instrucións da Fiscalía para impedir a celebración do referendo ilegal e de acordo tamén ao previsto no artigo 38.2 da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade que contempla a intervención de Policía e Garda Civil no mantemento da orde pública.

É deber e obrigación de todos os partidos democráticos rexeitar e condenar rotunda e sistematicamente calquera comportamento de natureza violenta -independentemente da ideoloxía en que se amparen- así como calquera acción xustificativa dos mesmos, e mostrar o seu apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no seu labor de defensa e protección dos dereitos e liberdades de todos os cidadáns. É inxusto e intolerable que se lles trate como inimigos cando os gardas civís e os policías nacionais son servidores públicos que cumpren coa responsabilidade de garantir a liberdade de todos e o libre exercicio dos nosos dereitos.

Os homes e mulleres que integran estes Corpos están comprometidos coa seguridade de España e dos españois, e dedican as súas vidas para salvagardar a convivencia, a seguridade e a tranquilidade dos seus concidadáns, merecendo por iso o agarimo, a admiración e o respecto do conxunto da sociedade española. É por esta e por outras moitas razóns polas que a Policía Nacional e a Garda Civil son as dúas institucións públicas que máis confianza xeran segundo figura no barómetro do CIS do ano 2015, pois grazas ao seu servizo diario estamos a conseguir que España sexa na actualidade uno dos países máis seguros do mundo.

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

O Concello de Lugo manifesta a súa solidarieadade e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil no seu labor de defensa e protección dos dereitos e libertades amparados pola Constitución Española a todos os cidadáns, condenando o acoso que están a sufrir os seus membros, entres os que se atopan axentes galegos e galegas desprazados a Cataluña, por defender o Estado de Dereito e salvagardar a convivencia, á seguridade e a tranquilidade da cidadanía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies