Economía

El PP muestra su sorpresa ante la negativa de PSOE y BNG a desarrollar medidas de apoyo a la hostelería, distribución y sectores más afectados por la pandemia

By 26 noviembre, 2020No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular lamentan la negativa del gobierno local a desarrollar nuevas medidas de apoyo a la hostelería, distribución, comercio y sectores que peor lo están pasando a consecuencia de la crisis sanitaria.


Dende o pasado mes de outubro rexistrouse en España, e na maioría dos países europeos, unha tendencia ascendente no número de casos de COVID-19. O incremento da transmisión está afectando a grupos de poboación de risco, que presentan unha maior probabilidade de hospitalización e falecemento.

A Xunta de Galicia, desde a declaración de situación de emerxencia sanitaria de data 13 de marzo de 2020, está dando resposta a esta crise sanitaria adoptando, ao abeiro da lexislación sanitaria, medidas de prevención, tanto de carácter xeral para todo o territorio autonómico, como de maneira específica, a través de diferentes ordes do Conselleiro de Sanidade, en atención á evolución territorial da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Coa finalidade de reverter a tendencia ascendente desta enfermidade e evitar acadar un nivel de sobrecarga do sistema sanitario como o que se experimentou na primeira vaga da pandemia, o 25 de outubro de 2020 publicouse no BOE o Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Neste Real Decreto, con vixencia prorrogada ata o 9 de maio de 2020, habilítanse aos presidentes das Comunidades Autónomas, como autoridades competentes delegadas, a adoptar medidas limitativas da circulación de persoas en horario nocturno, da entrada e saída de persoas do territorio autonómico, da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados, así como aquelas outras que se estimen necesarias para afrontar a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19.

Neste contexto normativo derivado do vixente estado de alarma, e ante a evolución da situación epidemiolóxica, o presidente da Xunta de Galicia, como autoridade competente delegada, adoptou os Decretos 178/2020, 179/2020 e 181/2020 e 182/2010. Nestes decretos e nas ordes complementarias da Consellería de Sanidade recóllense unha serie de medidas recomendadas polos expertos do Subcomité clínico, que implican para os habitantes do noso concello unha serie de limitacións na súa liberdade de desprazamento, así como na permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados.

A crise económica, derivada desta crise sanitaria e das restricións impostas para conter a pandemia, teñen un fondo impacto económico social. Por iso, o Goberno galego estivo desde o primeiro día ao carón dos sectores máis castigados apoiándoos con feitos: axudas ao ocio nocturno; incentivos para o sector do comercio, o turismo e os servizos; anticipos de nóminas de ERTEs;  plan de dixitalización para as pemes e autónomos; iniciativas para potenciar o consumo no comercio ou na automoción; o Plan de Reactivación do sector cultural, o Cheque Autónomo ou o Plan de rescate para manter a actividade económica de 50.000 autónomos.

Así mesmo, continuando con estas medidas de recuperación da economía e de mantemento do emprego nos sectores máis afectados pola Covid-19, o pasado 12 de novembro o Consello da Xunta aprobou destinar 10 millóns de euros a unha nova liña de préstamos para achegar liquidez aos autónomos, microempresas e pemes. Trátase de facilitar créditos de entre 3.000 e 500.000 euros a cada negocio para que poidan atender os pagamentos de salarios, alugueiros ou impostos. E no relativo ao sector da hostalería, neste mesmo de novembro porase en marcha un paquete específico de axudas -compatible coas dúas liñas do plan de rescate de autónomos, microempresas e pemes- que se está ultimando en diálogo permanente cos seus representantes.

Así e todo, todas as administracións debemos continuar afondando nesta liña de apoio a todos os sectores e colectivos máis afectados, implementando dentro do noso respectivo marco competencial, medidas que contribúan a minimizar o impacto económico e social derivado desta crise sanitaria.

En definitiva, o noso concello debe traballar, coa máxima lealdade e coordinación coas restantes administracións, sendo sensible as graves dificultades económicas que están sufrindo moitos autónomos e pemes dedicados a servizos como os do comercio ou a hostalería, entre outros, que viron reducido dun xeito importante o seu nivel de facturación. É urxente que todas as administracións, cada unha dende o seu ámbito competencial, adoptemos medidas de emerxencia para non agravar o paro e a crise económica.

Parece necesario que todas as administracións se impliquen de xeito claro con estos sectores, cada unha dentro das súas competencias e posibilidades. É por esto que dende o Concello de Lugo deberíase continuar apostando polas axudas económicas directas a sectores como a hostalería ou o comercio, para colaborar no sostenemento de negocios e emprego. Todo esto, por suposto, sen esquecer aos sectores que van directamente unidos a eles como é o caso das empresas de distribución e producción de alimentos e bebidas, que en moitos casos a súa facturación depende casi por completo da actividade hostaleira.

Estamos na administración máis cercana a estos negocios, o Concello deber ser sensible á hora de cobrar as súas tasas e tributos. Carece de lóxica que nunha crise como a que se está a vivir, o concello non aplique exencións e descontos aos negocios vinculados directamente co sector da hostalería (bares, restaurantes, hoteles, ocio nocturno…), pero tamén aos distribuidores que teñen unha alta dependencia deste sector, nalgúns casos incluso no 100% da súa actividade, ou a outros sectores especialmente afectados pola crise.

A cidade de Lugo precisa dun plan de reactivación económica para estos sectores, por isto propoñemos que o concello elabore un Plan dotado con 5 millóns de euros para axudar a consolidar estos sectores fortemente golpeados pola actal crise e que permita achegar liquidez a estas pemes e autónomos, minorar a carga impositiva que están soportando, establecer unha moratoria no pago de determinados tributos, apoiar institucionalmente ao tecido produtivo local e axilizar ao máximo a tramitación administrativa de licenzas ou a adaptación das mesmas, así como os prazos de pago aos provedores e co obxectivo de que a recuperación económica e social se produza á maior brevidade posible.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Lugo, presenta a seguinte:

 

PROPOSTA DE ACORDOS

  1. Reservar unha partida específica de 5 millóns de euros nos orzamentos municipais para un Plan de reactivación económica e social para os autónomos e pemes con domicilio fiscal no noso concello que acrediten na porcentaxe que se acorde unha perda de facturación nos seus negocios desde o 13 de marzo de 2020. Estas axudas municipais serán compatibles con aquelas outras que adopten outras administracións.
  2. Destinar parte dos fondos que o municipio reciba do mecanismo europeo Next Generation Europe ao apoio aos autónomos e pemes especialmente paralizados no concello desde o 13 de marzo de 2020, co obxectivo de que poidan desenvolver accións de dixitalización e eficiencia enerxética, entre outras elixibles nestes fondos, que lles permitan reactivar o seu negocio.
  3. Modificar as ordenanzas fiscais reguladoras dos impostos sobre bens inmobles, actividades económicas e vehículos de tracción mecánica aproximándoas ao mínimo legal. No caso do IBI só se beneficiarían as persoas físicas ou xurídicas nas que concorra a dobre condición de titular do ben inmoble e responsable da actividade económica afectada polas restricións sanitarias. Así mesmo, modificar as ordenanzas fiscais reguladoras das taxas polos servizos de subministración de auga, de saneamento e depuración de augas residuais, de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, ou pola utilización privativa e o aproveitamento especial de dominio público municipal establecendo unha exención total da que se beneficiarán aqueles autónomos e pemes con domicilio fiscal no noso concello que acrediten unha baixada nos seus ingresos ou unha perda de facturación nos seus negocios dende o 13 de marzo de 2020. Así mesmo, tamén se posibilitará nestas mesmas ordenanzas a concesión extraordinaria de solicitudes de aprazamento ou fraccionamento de pago de prezos públicos, taxas locais e impostos municipais.
  1. Proceder á devolución das taxas municipais que gravaron as terrazas desde o 13 de marzo de 2020, así como das contías do Imposto sobre construción, instalación e obras (ICIO) daqueles titulares de actividades que solicitaron licenza no 2020 e que non puideron abrir como consecuencia da pandemia.
  2. Continuar flexibilizando o uso e ocupación da vía pública para a ocupación de terrazas por parte dos locais de hostalería, así como a instalación e uso de elementos que permitan o seu aproveitamento no inverno (calefactores, cubertas, etc)
  3. Axilizar o pago das facturas pendentes, así como reducir os tempos medios de pago a provedores, especialmente a autónomos ou pemes.
  4. Realizar unha campaña institucional de apoio ao comercio, hostalería e do sector empresarial local.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies