Zona Rural

El PP lamenta que PSOE y BNG nieguen su apoyo al personal de Correos

By 27 mayo, 2021No Comments

Los populares vieron como PSOE y BNG rechazaron una propuesta, que nació de los representantes de los trabajadores de Correos en Lugo, que buscaba garantizar la prestación de los servicios postales y su permanencia en este Municipio de Lugo, algo que en la actualidad no claro está.

Nun contexto como o actual, o servizo postal prestado por Correos xoga un indubidable papel para contribuír á cohesión social, territorial e económica do país, tanto a nivel estatal, como autonómico e especialmente no ámbito municipal, percorrendo e atendendo diariamente todas as localidades e municipios do Estado, garantindo a prestación dun servicioo público á cidadanía, empresas e administracións na totalidade dos núcleos de poboación, á marxe da súa rendibilidade económica.

Os datos póñeno en valor: máis de 8.000 municipios atendidos, 16 millóns de fogares, 3,2 millóns de empresas (máis do 99% son pemes) e un total de 7.100 puntos de atención no ámbito rural (carteiros/ as rurais e oficinas) e máis de 100.000 quilómetros diarios.

Os Servicios Postais, declarados durante o estado de alarma como servicios esenciais e recoñecidos como un elemento de vertebración e cohesión territorial, son un valor arraigado na vida social dos municipios dende a prestación dun Servicio Público, contribuíndo ao desenvolvemento económico dos mesmos, facilitando e dando accesibilidade ao dereito de cidadáns/as, comercios, empresas e administracións a dispoñer dun servicio postal a prezo alcanzable e de calidade. Pero coas actuais políticas estratéxicas e de xestión da Dirección de Correos este dereito estase limitando. Concretamente na localidade de Lugo, a empresa SAE Correos e Telégrafos S.A., S.M.E. suprimiu 3 postos de traballo, quedando 44 carteiros na zona urbana. Pola súa banda, os carteiros rurais do Concello de Lugo, viron incrementada a súa carga de traballo derivada da absorción de servicio pola supresión dunha praza do Concello do Corgo. Así mesmo, tivemos coñecemento que a empresa pública está a levar a cabo un recorte na contratación que está a deixar sen cubrir o emprego estrutural así como os permisos e calquera tipo de ausencia dos traballadores e traballadoras.

Como consecuencia desta decisión, con toda seguridade,os servicios de distribución postal prestados ata o de agora nestas unidades de repartición baixarán a súa calidade drásticamente, co consecuente perxuízo para os cidadáns/as e empresarios/as de Lugo.

Igualmente manifestamos que esta decisión adóptase sen que, previamente, se consultara ou se informase por vía algunha á Administración Local deste municipio, polo que descoñecemos os motivos polos que se adopta, e ademais non se lle deu ocasión de poder ser escoitada a pesar de afectar directamente os intereses dos cidadáns/as aos que lexítimamente representamos.

A actual Lei Postal e outras normas dependentes recoñecen sen lugar a dúbida que:

  • Todos os/as usuarios/as, remitentes ou destinatarios de envíos postais, teñen dereito a un servicio postal universal de calidade prestado de forma permanente, en todo o territorio nacional e a prezos alcanzables, polo menos cinco días á semana, conforme á normativa europea e nacional de aplicación.
  • O alcance e a prestación efectiva do servicio postal universal deberán responder aos principios de cohesión social e territorial, non discriminación por razón de calquera circunstancia ou condición persoal, social ou xeográfica, continuidade, eficacia e eficiencia no servizo, e deberá adecuarse permanentemente ás condicións técnicas, económicas, sociais e territoriais e ás necesidades dos usuarios, en particular en materia de densidade de puntos de acceso e de accesibilidade aos mesmos, sen menoscabo da súa calidade.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Lugo, a través de esta proposición, require a:

  • A SAE CORREOS Y TELEGRAFOS, S.M.E.
  • Á SOCIEDADE ESTATAL DE PARTICIPACIONES INDUSTRIALES (SEPI)
  • AO MINISTERIO DE HACIENDA
  • AO MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA
  • E AO GOBERNO DA NACIÓN

para que adopten as seguintes medidas, que entendemos necesarias para garantir a prestación dos servicios postais e a súa permanencia neste Municipio de Lugo:

1ª.- Afrontar dilixentemente a cobertura dos postos estructurais suprimidos na Unidade de Reparto de Lugo necesarios para ofrecer un servicio de calidade á ciudadanía.

2ª.- Manter a calidade das condicións laborais, garantizando unha plantilla con suficientes traballadores e traballadoras que permita as correspondientes sustitucións por enfermidade, permisos ou vacacións.

3ª.- Garantía dos compromisos de financiación que permitan na nosa localidade, cumprindo os parámetros de calidade determinados pola Lei, ou o correcto desempeño da prestación dos servicios postais, e asegurando que todos os ciudadáns/as reciban o reparto de correspondencia 5 días á semana como manda a Directiva Postal europea.

Darase traslado deste acordo ao Goberno da Nación e a todos os Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados, á Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, á Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI), ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e ao Ministerio de Hacienda.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies