Pese a eso, la iniciativa se aprobó con el apoyo del BNG y de Ciudadanos, conscientes de que “el desarrollo de las infraestructuras es imprescindible para vertebrar Lugo sobre todo, toda vez que, en comparación con el resto de las capitales de provincia gallegas es una de las peores conectadas”
O desenvolvemento das infraestruturas é imprescindible para vertebrar a cidade de Lugo sobre todo, tendo en conta que, en comparación co resto das capitais de provincia galegas é unha das peores conectadas. Todo iso, como consecuencia da perda progresiva do peso nas decisións do Goberno de España, para quen as súas necesidades deixaron de ser prioritarias.
De feito, o Executivo que preside Pedro Sánchez aprobou uns orzamentos xerais do Estado para o ano en curso (2021) con importantes recortes para esta cidade que tiveron a súa tradución, por exemplo, na ausencia de recursos para investimentos en autovías con proxectos en fase de elaboración ou xa rematados e, de xeito moi destacado, no ámbito das infraestruturas ferroviarias que permitirían a chegada da alta velocidade.
Lugo nin pode, nin merece agardar máis por uns investimentos que xa deberían de estar en execución ou rematados tras o pulo do Goberno Popular, coa redacción dos proxectos e a súa dotación orzamentaria, e que foron paralizados ou retrasados polo Goberno de Sánchez.
Todo iso, ante o absoluto abandono e desidia do Executivo municipal incapaz de esixir ao Goberno de España que cumpra os compromisos adquiridos en materia de infraestruturas.
Cómpre en consecuencia impulsar e axilizar todas aqueles proxectos pendentes, outorgándolles a prioridade correspondente, e establecendo un calendario realista para a súa consecución, como mostra do seu compromiso coa cidade.
Sobre as infraestruturas ferroviarias, Lugo e a súa área non poden agardar máis pola chegada da alta velocidade, que permitiría unha conexión competitiva, a través de Ourense, coas principais plataformas loxísticas do país, así como un mellor servizo no ámbito do transporte de viaxeiros.
En consecuencia, é preciso dar un novo impulso decidido aos proxectos pendentes, tanto no ámbito técnico como no compromiso dos recursos económicos precisos para a súa realización. Todo iso sen renunciar á execución das variantes proxectadas e á axilización da estación intermodal.
No ámbito das infraestruturas viarias, cómpre tamén axilizar as obras pendentes da autovía A-54 Lugo-Santiago e tamén da A-56 Lugo-Ourense, incluído o intercambiador de Guntín que uniría a A-54 coa N-540.
O mesmo acontece coa necesaria integración urbana dos accesos á cidade, con proxectos pendentes como o desdobramento da Ronda Norte. Esta vía de circunvalación, que comunica Garabolos coa Campiña, ten unha importante densidade de tráfico xa que se utiliza para enlazar coa autovía.
Ademais coa ampliación do polígono das Gándaras, que a Xunta está a acometer, se prevé un incremento de vehículos e de tráfico pesado. Dentro desta actuación se reclama tamén o acondicionamento desta Ronda Norte.
De xeito paralelo, e para acadar unha notable mellora da seguridade viaria sería imprescindible garantir a iluminación en todos os accesos á cidade, nomeadamente nos carrís de aceleración e desaceleración, enlaces e interseccións coas vías urbanas, tanto na autovía A-6 (enlaces de Nadela, A Fonsagrada e A Campiña) como na A-54.
Faise tamén necesario dar continuidade á conexión da Ponte Branca coa cidade, enlazando a rontonda superior da ponte coa N-VI en ambos sentido, dando maior fluidez aos accesos a Lugo, e sobretodo máis seguridade.
Neste mesmo senso, urxe acometer a obra de construción dunha rotonda na N-VI á altura da Rúa Alfonso X, para unir en condicións de seguridade a nacional coa zona sur da cidade.
O futuro da base produtiva de Lugo, a súa competitividade e reactivación económica dependen destes proxectos en materia de infraestruturas. E, aínda que en moitos deles déronse pasos cara adiante, o compromiso de axilizalos debe ser real e efectivo.
Outros dos proxectos pendentes é o relativo á integración do río Miño coa cidade, é conveniente facer realidade o Camiño de San Rosendo ao seu paso por Lugo. Esta ruta coincide coa marxe dereita do Miño, e suporía crear unha nova ruta de paseo á beira do río na marxe oposta ao paseo que existe na actualidade.
En colaboración coa Confederación Hidrográfica, sería interesante recuperar os tres caneiros do Miño, construcións que teñen un importante valor histórico e tiveron un valor importante na regulación do río ao seu paso por Lugo, ademais de constituír unha aposta pola recuperación patrimonial e a mellora do atractivo turístico da cidade.
Finalmente, en materia de seguridade, unha das demandas históricas ten que ver coa construción dunha nova comisaría provincial de policía que permitiría corrixir o déficit actual na dotación de recursos humanos e materias. A este respecto cómpre lembrar que lonxe de avanzar a cidade de Lugo perdeu servizos como a sala do 091, que se centralizou na cidade da Coruña.
En consecuencia, ante o evidente abandono do Goberno central á cidade de Lugo, o Grupo Municipal Popular presenta ante o pleno que se solicite ao Goberno de España que sitúe de novo os proxectos de Lugo entre a súas accións prioritarias e urxentes, de tal xeito que se corrixan todas as carencias estruturais no que a competencias estatais se refire e, do mesmo xeito, se rectifiquen aquelas medidas que prexudican á cidade e, en concreto, que se adopten as seguintes iniciativas:
1-. Poñer en marcha as actuacións necesarias para:
- Dar un decidido impulso ás melloras na liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, licitando e adxudicando as actuacións pendentes, avanzando na tramitación administrativa dos proxectos que fagan posible a chegada da alta velocidade ferroviaria a Lugo e concretando, para cada un das obras pendentes, un cronograma crible e o orzamento comprometido para a súa posta en servizo.
- Manter, como infraestruturas irrenunciables, todas as variantes ferroviarias previstas da liña Lugo-Ourense, en particular, a dos Peares-Canabal e Rubián-Bóveda, có fin de que a provincia lucense non quede sen alta velocidade.
- Urxir a convocatoria da Comisión de Seguimento da estación intermodal coa finalidade de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concrete, tanto os prazos de execución, como os orzamentos consignados para continuar co avance de todas as actuacións que lle corresponde executar na estación intermodal de Lugo (terminal ferroviaria).
- Axilizar as obras pendentes na autovía A-54, entre Lugo e Santiago, co obxecto de que poida entrar en servizo por completo durante o Xacobeo 2021-2022.
- Axilizar os proxectos técnicos pendentes na autovía A-56, entre Lugo e Ourense, incluído o intercambiador de Guntín, que unirá a A-54 coa N-540.
- Executar o desdobramento e iluminación da Ronda Norte, así como garantir o funcionamento da iluminación nas autovías de acceso á cidade de Lugo.
- Executar unha nova glorieta na confluencia da Avenida Afonso X coa N-VI, á altura do punto quilométrico 498,800, dentro do proxecto da nova ponte sobre o río coa cidade.
- Proxectar e construír uns enlaces de acceso a cidade dende a Ponte Branca en en ambos sentidos de N-VI.
- Facer un esforzo na mellora do firme das estratadas de titularidade estatal para mantelas nas mellores condicións posibles.
- Sufragar con cargo ao Programa de Camiños Naturais os fondos para executar o treito do Camiño de San Rosendo ao seu paso por Lugo.
- Recuperar os tres caneiros do Miño, coñecidos como o de Lulú, Carlos e da Tolda, en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
- Acometa as actuacións que a Confederación Hidrográfica de Miño-Sil ten comprometidas no marco do Plan Paradai.
2-. No ámbito do reforzo da seguridade sería imprescindible a construción dunha nova comisaría provincial en Lugo, co correspondente aumento dos medios humanos e materias e, en todo caso, recuperar as salas do 091 da Policía Nacional.
3.- Cumprir a lei e facer efectivo o pago, en concepto de compensación pola non inclusión dunha mensualidade de recadación do IVE na liquidación dos recursos do sistema de financiamento de 2017, que debe ás entidades locais, entre elas ao Concello de Lugo.