Economía

El PP afea a Méndez y Arroxo que marginen a los lucenses al defender los intereses de Pedro Sánchez

By 30 julio, 2020agosto 1st, 2020No Comments

Los concejales populares denuncian que PSOE y BNG anteponen los intereses de Pedro Sánchez a los de los lucenses al rechazar una propuesta contra la intervención de Sánchez en los ahorros de los ayuntamientos ya que “no podemos financiar su gobierno con los remanentes de 2019”.

Desde o inicio da pandemia provocada polo virus COVID-19 as entidades locais puxeron en marcha medidas -adiantándose en moitos casos ás decisións tomadas polo goberno central- para conter a expansión do virus e preservar a saúde de empregados públicos e veciños. Tamén foron pioneiras en poñer en marcha medidas para paliar os efectos da crise sanitaria, social e económica derivada da pandemia.

O extraordinario esforzo realizado polos gobernos locais non se viu correspondido polo Goberno de España que non destinou un só euro a apoiar ás entidades locais na súa loita contra o virus e as negativas consecuencias do mesmo.

A única medida que tomou o goberno central é permitir que as EE.LL. poidan gastar unha pequena parte do superávit xerado en 2019 para atender gastos urxentes derivados da posta en marcha de medidas sanitarias, sociais e económicas así como para financiar gastos de investimento en vehículos eléctricos ou con etiqueta ambiental CEO ou ECO.

Unha medida que é unha medida trampa e insuficiente. Trampa porque non supón un financiamento adicional senón que as entidades locais fan uso dos seus “aforros”, porque non suprimiu a obrigatoriedade de cumprir todos os requisitos establecidos na Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira ( LOEPSF )-e por tanto impide a moitas entidades locais facer uso do superávit ou lles obriga a amortizar débeda, detraendo recursos na loita contra a pandemia e os efectos da mesma- e porque ademais o goberno establece en que poden gastar ou non o seu diñeiro, o diñeiro de todos os veciños, as entidades locais.

É insuficiente porque a porcentaxe aprobada é ridícula para atender non só as actuacións urxentes, senón todas as medidas que as entidades locais puxeron en marcha, e deberán seguir poñendo en marcha nos próximos meses, para garantir a saúde e o benestar dos seus veciños.

Ante esta situación, as entidades locais -de todo signo político- a través dos órganos da FEMP e dos lexítimos representantes dos españois no Congreso dos Deputados solicitaron, en reiteradas ocasións durante os últimos meses, ao Goberno de España medidas como:

  1. Flexibilizar a Regra de Gasto e o resto de regras contidas na Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira ( LOEPSF) para que todas a EE.LL. poidan dispoñer do 100% os remanentes de Tesourería -os seus “aforros”, os “aforros dos veciños”- xerados durante os últimos anos para implementar aqueles servizos e medidas que permitan actuar primeiro, contra a pandemia e despois, contra a crise sanitaria, social e económica derivada da mesma; sen poñer en risco a capacidade financeira da entidade local e sempre en coordinación coas CC. AA. e o Estado, de forma que a súa utilización para os fins descritos non compute no exercicio 2020 para o cálculo da Regra de Gasto e a Estabilidade Orzamentaria.
  2. Transferencia dunha parte proporcional dos Fondos Europeos que reciba España ás Entidades Locais para poder compensar o impacto do COVID19 nos seus ingresos e gastos orzamentarios.
  3. Prorrogar os prazos para que as entidades locais poidan executar os Investimentos Financeiramente Sostibles, financiadas con cargo ao superávit de 2018 ou 2019, dado que a suspensión de prazos administrativos como consecuencia do estado de alarma provocou que moitas delas non finalicen en 2020.
  4. Creación dun fondo de 5.000 millóns en axudas directas e sen condicións ás Entidades Locais e de fondos específicos por valor de 1.000 millóns de euros para compensar o déficit nos servizos de transporte públicos e para cubrir o custo da colaboración das EE.LL. na xestión do Ingreso Mínimo Vital.

Ningunha destas peticións tivo resposta por parte do Goberno de España. Un goberno que, no mes de marzo, segundo puidemos coñecer pola prensa, estaba a estudar “confiscar” o superávit xerado en 2019 polas EE.LL. así como os recursos que as mesmas teñen en entidades bancarias e que, agora, pretende apropiarse dos aforros municipais mediante unha chantaxe inaceptable a todos os concellos e deputacións do noso país.

O goberno pretende que os concellos e gobernos provinciais prestémoslle “a totalidade” dos aforros acumulados durante os últimos 8 anos e, a cambio, soamente permitirásenos gastar, durante os próximos dous anos, unha terceira parte dun diñeiro que é dos nosos veciños e exclusivamente naquelas actuacións que previamente definiu o goberno.

O resto do diñeiro prestado será devolto polo goberno ao longo dos próximos 10 anos, aínda que a proposta exclúe o calendario de pagos, o que supón que as EE.LL. non poderán utilizar a totalidade dos seus aforros durante a próxima década e por tanto, a asfixia financeira dos mesmos.

Ademais, na proposta que coñecemos inclúense varias das medidas solicitadas polas EE.LL. nestes meses que só se poñerán en marcha se previamente acéptase prestar a totalidade dos aforros do municipio ou provincia ao goberno.

En resumo, unha proposta que esconde unha chantaxe inaceptable e que podería vulnerar os artigos 137 e 142 da Constitución Española, que consagran os principios de autonomía e suficiencia financeira como base da xestión das entidades locais, así como varios preceptos da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local ( LRBRL).

 

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que suscribe considera

 

  1. O compromiso do Concello de Lugo coa Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira como ferramenta que garante o correcto funcionamento das finanzas locais que permitiu a moitos concellos de España xerar os aforros que agora reclama o goberno central.

 

  1. O profundo rexeitamento do Concello de Lugo a calquera medida tendente a apropiarse dos aforros acumulados polos veciños do concello, tanto de forma directa como vía subscrición de préstamos das EE.LL. ao Estado para devolver a longo prazo.

 

Instar o goberno de España a:

 

  1. Respectar e garantir a autonomía que a Constitución Española e as leis outorgan ás entidades locais para a xestión dos seus recursos, para a xestión do diñeiro público que é de todos e cada un dos españois, non dun goberno en concreto.

 

  1. Atender as demandas das EE.LL., especialmente a referida á flexibilización da Regra de Gasto e resto de regras contidas na Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira ( LOEPSF) para que poidan dispoñer do 100% os seus remanentes de tesourería para a loita contra os negativos efectos do COVID-19.

 

  1. Que si pretenden modificar algunha das leis que afectan á autonomía, facenda ou estabilidade financeira das entidades locais valide ditas modificacións no Congreso dos Deputados ou ante os órganos de goberno da FEMP, lexítimos representantes das EE.LL. e dos españois.

 

  1. Que o Ministerio de Facenda cumpra coa totalidade do acordo consensuado por todas as forzas políticas, incluído o Partido Socialista, no seo da Federación Española de Municipios e Provincias. Dar traslado deste acordo ao Presidente do Goberno, á Ministra de Facenda, á Ministra de Política Territorial e Función Pública, aos Portavoces de Grupos Políticos do Congreso, Senado e das Cortes e á Xunta de Goberno da FEMP.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies