El Grupo Municipal del Partido Popular consiguió el consenso de la corporación para que desde el Ayuntamiento de Lugo se implementen medidas dirigidas a beneficiar a las personas celiacas y con diferentes intolerancias
A celiaquía é unha enfermidade que provoca unha reacción inflamatoria que dificulta a absorción de nutrientes, cuxo tratamento consiste en realizar un seguimento dunha estrita dieta sen glute. En Lugo hai aproximadamente mil persoas que son celíacos, á que hai que sumar outras moitas persoas que teñen algunha intolerencia alimentaria, o que provoca un incremento da súa cesta da compra porque teñen que realizar unha dieta especial baseada en alimentos naturais como son os legumes, carnes, peixes, ovos, froitas, verduras, etc. Esta enfermidade crónica esixe unha resposta por parte das Administracións Públicas, nese sentido o Concello de Lugo podería impulsar accións encamiñadas para facilitar a normalización da vida dos celíacos na nosa cidade, a través da participación e colaboración pública-privada.
Por todo iso, o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a que:
1. Estableza un programa de apoio ás familias con escasos recursos económicos que teñan algún membro que padeza a enfermidade celíaca ou outras intolerancias, facilitándolles unha serie de lotes mensuais de produtos alimenticios básicos sen glute.
2. Promova en colaboración coa Asociación Galega de Celiacos unha campaña de divulgación sobre a celiaquía e concienciación desde unha idades temprana.
3. Impulse en colaboración coa Asociación Provincial de Hostalería unha nova edición do concurso de tapas accesibles dirixidas a persoas con alerxias alimentarias.
4. Apoie á pequena e mediana empresa para que oferte pratos e menús adaptados a persoas con celiaquía e outras intolerancias alimentarias consistente nun deseño dun mapa de establecementos de restauración con oferta gastronómica adaptada.
5. Se dirixa ao Goberno de España para que impulse unha baixada do IVE para os produtos sen glute, e a Deputación Provincial de Lugo para que edite unha guía gratuíta de información sobre este tipo de enfermidades.